Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Fernando Vázquez e directivos do Grupo Foula presentan a a VIII Festa...

Fernando Vázquez e directivos do Grupo Foula presentan a a VIII Festa do Pan de Millo e do Ovo de Cotobade

- Anuncio -

• Haberá tamén actuacións de agrupacións folclóricas e pechará este evento gastronómico o Bruxo do Río cunha queimada de balde

O alcalde en fucións de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, xunto co concelleiro de Tenorio, Pepe Pichel, e os directivos da Asociación Cultural Foula, Miguel Fraguas e Sagrario Pérez, presentou a VIII Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade que terá lugar o vindeiro sábado 17 de setembro no campo da festa de Tenorio.

Este evento gastronómico organizado pola Asociación Cultural Foula e que conta coa colaboración do Concello de Cerdedo-Cotobade, volve a celebrarse despois dos parón obrigado pola pandemia da Covid-19 coa intención de despachar máis dun milleiro de ovos fritidos con pan de millo desmigado para servir durante toda a xornada aos comensais que ata alí se acheguen.

Ademais do atractivo gastronómico desta festa que chega á súa oitava edición, tamén manterá o seu interese desde un punto de vista musical e folclórico coa participación de importantes agrupacións que animarán o certame durante toda a xornada.

ACTUACIÓNS MUSICAIS DURANTE TODA A XORNADA
Así, ás 13 horas intervirán coa súa música os Gaiteiros das Rías Baixas, ás 15 horas tomarán o relevo as Pandereteiras do Val de Quireza, mentras que ás 16 horas tocaralle á Banda de Música de Tenorio.

Ás 18 horas terá lugar a sesión infantil con Magín Blanco e ás 20 horas actuará Metalxis. Unha hora máis tarde, ás 21 horas, tocaralle o turno a Os D`Arbo e pechará a xornada festiva o Bruxo do Río facendo unha queimada de balde.

O alcalde en funcións do Concello de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, felicitou á Asociación Cultural Foula por recuperar esta iniciativa gastronómica que acada xa a súa oitava edición e por contribuir con esta actividade á dinamización sociocultural e musical en Tenorio e de todo o concello. Ademais o rexedor agradeceu os esforzos que realiza este colectivo para manter activo o acervo cultural e folclórico no municipio.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas