Home Vigo O Porriño SOS Porriño adáptase ás necesidades para prestar un servizo máis xusto

SOS Porriño adáptase ás necesidades para prestar un servizo máis xusto

- Anuncio -

• As bases que regulan o banco de alimentos modificáronse para permitir o acceso a esta axuda a persoas afectadas por un incremento do aluguer ou hipoteca

O Goberno Municipal conseguiu onte o respaldo do pleno á proposta de modificación das bases que regulan o banco municipal de alimentos, SOS Porriño.

Tendo en conta que a actual situación socioeconómica agravou as condicións de precariedade e vulnerabilidade de moitas familias residentes no Porriño, a actividade do banco municipal de alimentos SOS Porriño debe adaptarse a este contexto.
“É necesario redefinir os requisitos e criterios económicos de acceso ao programa para poder prestar este servizo da maneira máis xusta e igualitaria posible. Trátase de que ninguén se quede atrás e sen respaldo na difícil situación económica que se presenta”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

A tal fin, impulsouse unha modificación das bases que permita un acceso máis acaído ao servizo. “Ata o de agora para acceder a esta axuda había un límite de ingresos de 579 euros para unha persoa que viva soa”, explicou o concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, “Con esta modificación deduciranse neste importe o aluguer ou hipoteca ata un límite de 400 euros”. En definitiva, tal e como indicou o edil, “o que queremos é que un incremento no aluguer ou hipoteca non impida o acceso á axuda”.

O programa municipal de alimentos, SOS Porriño, atende na actualidade a unhas 150 familias, que reciben unha vez ao mes alimentos , con carácter xeral, aínda que tamén hai achegas a maiores en ocasións destacadas dependendo da dispoñibilidade de recursos.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas