Home Pontevedra Campo Lameiro Un total de 400 persoas participarán na primeira Andaina Concello de Campo...

Un total de 400 persoas participarán na primeira Andaina Concello de Campo Lameiro que se celebra este domingo

- Anuncio -

Levarase a sobre un percorrido longo de 21,5 quilómetros e outro curto de 14 quilómetros.

Un total de 400 persoas formalizaron a súa inscrición para participar na I Andaina Concello de Campo Lameiro que se celebrará este domingo 18 de setembro sobre un percorrido longo de 21,5 quilómetros e outro curto de 14 quilómetros, segundo informou o alcalde Carlos Costa e o Comité Organizador formado por Mercedes Fernández, Jesús García, Mónica Arza e Paula Pazos, así como outras moitas persoas encargadas de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade.

Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Campo Lameiro, tenta reunir deporte, proxección turística do municipio e solidariedade, xa que o 50% da recadación das inscricións desta proba non competitiva irán destinadoo integramente para a “Fundación Andrea”, unha asociación que axuda aos nenos con enfermidades raras e de longa duración con moito tempo de hospitalización.

Este proxecto, ademais de estar coordinado polo Concello de Campo Lameiro, conta co apoio da práctica totalidade do tecido empresarial do municipio que permitirá ofrecer un aperitivo para todos os participantes así como o sorteo de varios produtos doados polas empresas da zona entre todos os deportistas.

A I Andaina Concello de Campo Lameiro constará de dúas modalidades, unha longa de 21,50 Kms. e outra curta de 14 Kms. que discorrerán polo termo municipal atravesando dous importantes reclamos turísticos: o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro e o Sendeiro do Río Maneses. Ademais, os que decidan emprender a andaina longa tamén poderán gozar do área recreativa de Penalba e dos petróglifos que hai situados nesa zona (“Pedra da Serpe” e “Laxe da Arrotea de Mendo”).

Así, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosos que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro e a organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina.

O percorrido establecido pola organización contempla un desnivel positivo de 860 metros para a distancia longa de 21,5 quilómetros, que terá tamén habilitados 3 avituallamentos e, no caso do trazado curto de 12 quilómetros, o desnivel positivo será de 550 metros e haberá dous puntos de avituallamento.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, cualificou esta primeira edición de un éxito “xa antes de realizarse polo importante número de persoas inscritas, máis de 400, que superan calquera das previsións máis optimistas para esta primeira edición. O tempo vai a acompañar aos participantes e agardamos que teñamos este domingo unha xornada deportiva excepcional xa que tamén, pola tarde, haberá no campo de fútbol da Chanciña un derbi local xa que o noso Campola recibe a visita do Atlético Cuntis, na Primeira Autonómica de fútbol”, sinalou o rexedor.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas