Home Pontevedra Caldas A Plazuela de Pontecesures acolle unha exposición de fotografías antigas e actuais...

A Plazuela de Pontecesures acolle unha exposición de fotografías antigas e actuais do Camiño Portugués da Costa

- Anuncio -

A mostra “Pegadas. Pasado e presente do Camiño Portugués da Costa” poderá visitarse ata o vindeiro venres 23 de setembro

A Plazuela de Pontecesures acolle, dende hoxe e ata o vindeiro venres 23 de setembro, a exposición “Pegadas. Pasado e presente do Camiño Portugués da Costa”, promovida polo Xacobeo e a Xunta de Galicia para dar a coñecer a memoria desta ruta xacobea. Unha mostra que, a través da confrontación de imaxes antigas e fotografías actuais, permitirá que os veciños e veciñas de Pontecesures poidan afondar no patrimonio, a historia e a cultura do Camiño Portugués da Costa.

O proxecto inclúe fotografías históricas e actuais dos principais municipios polos que discorre o Camiño Portugués da Costa: A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo, Soutomaior, Redondela, Pontevedra, Caldas, Padrón, Santiago de Compostela e, por suposto, Pontecesures. Imaxes procedentes en moitos casos do arquivo histórico dos propios concellos, pero tamén con achegas de imaxes por parte dos propios veciños.

No caso de Pontecesures, este proxecto enmarcado dentro do programa O Teu Xacobeo inclúe imaxes antigas e actuais da ponte sobre o río Ulla, da Estación, da rúa José Novo, vistas panorámicas dende o barrio de San Xulián… A exposición, que poderá visitarse na Plazuela ata o vindeiro venres 23 de setembro, inclúe códigos QR para que os veciños e veciñas poidan visitar a web de “Pegadas” (www.pegadasdocamino.com), navegar polo seu visor e ver máis fotografías históricas e actuais. A mostra chega a Pontecesures despois do seu paso por Oia, Baiona e Soutomaior.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas