Home Pontevedra O PP lamenta que o maxistrado coñeza mellor que Carmela Silva cales...

O PP lamenta que o maxistrado coñeza mellor que Carmela Silva cales son as dificultades e a realidade dos concellos do rural

- Anuncio -

• Pide ao Goberno provincial que renuncie a presentar o recurso de apelación e acepte a sentencia, para que o Concello de Rodeiro poida xustificar o remate da obra.

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, pide á Deputación de Pontevedra que renuncie a presentar un recurso de apelación contra a sentencia do Xulgado contencioso-administrativo número 1 de Pontevedra, que dá a razón ao Concello de Rodeiro e obriga ao Goberno de Carmela Silva ampliar o prazo para rematar a urbanización de Oseira envolvente ata o 31 de xullo de 2021, cun orzamento de máis de 300.000 euros con cargo ao Plan Concellos. “O maxistrado recoñece na sentenza que se discriminou inxustificadamente ao Concello de Rodeiro”, explica Cubela, quen lamenta que “o propio maxistrado coñeza mellor cales son as necesidades dos pequenos concellos e as funcións das deputacións provinciais que a propia Carmela Silva e Bipartito PSOE-BNG”. Por iso, e en defensa do concello e dos seus veciños, sinala que “o Goberno provincial quedou en evidencia e por iso entendemos que non pode seguir mareando con esta subvención, ten que aceptar a sentenza e que o Concello de Rodeiro xustifique que rematou a obra na data marcada polo maxistrado”.

Nesta liña, o popular di que “tivo que vir un xuíz a explicar a Carmela Silva que é un concello do rural e cales son as dificultades que ten”, en referencia ás resolucións da propia sentenza e que sinalan que as dificultades dos concellos pequenos para adaptarse ás novidades da Lei de Contratos do Sector Público e a incidencia da pandemia da Covid, con suspensión de prazos administrativos no primeiro estado de alarma, son motivos xustificados para aplicar a prórroga. Ademais de que, habéndose outorgado a subvención en outubro de 2019, si se suman os dous anos para executar a obra subvencionada máis un ano de prórroga, este prazo concluiría en outubro de 2021.

“Menos mal que están os Gobernos locais para defender os intereses dos concellos do rural, porque si é por esta Deputación de Carmela Silva, en que lugar quedarían estes veciños?”, pregunta Cubela.

Por último, recorda que as deputacións provinciais, por imperativo legal e segundo a Lei reguladora das bases do réxime local, teñen outorgadas as funcións de cooperación e asistencia aos municipios, especificamente naqueles e menor capacidade económica e de xestión. “Ir en contra dos pequenos e medianos concellos é ir en contra da maior parte dos veciños desta provincia”.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas