Home A Coruña Máis dun milleiro de persoas participaron na primeira Festa Rural de Frades

Máis dun milleiro de persoas participaron na primeira Festa Rural de Frades

- Anuncio -

Durante a exposición etnográfica presentouse o proxecto de Museo da Cultura e Tradicións de Frades (MUFRA)

Máis dun milleiro de persoas participaron na primeira edición da Festa Rural, celebrada esta fin de semana na praza de Ponte Carreira. Un evento organizado polo Concello de Frades en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, amosou a súa satisfacción pola gran resposta da veciñanza de Frades e municipios veciños “que desfrutaron do mercado de artesanía, dunha mostra etnográfica que é o primeiro paso cara un ambicioso proxecto de crear o Museo da Cultura e Tradicións de Frades, da degustación ecolóxica da Casa Grande de Xanceda, a exposición de motos clásicas, xogos populares e moita, moita música. Sen esquecer a degustación de callos e o xantar popular, que reuniu a máis de 250 persoas”.

No mercado de artesanía participaron unha vintena de postos de cestos, coiro, madeira, xoiería, maquetas… Algúns destes artesáns, como o caso do cesteiro, fixeron demostracións en vivo da súa arte para desfrute dos asistentes. Outros, como o posto da Casa Grande de Xanceda (Mesía), fixeron degustacións de sobremesas ecolóxicas.

MUFRA

Un dos puntos máis concorridos, ademais das verbenas co Dúo Élite e a orquestra Salsarena, foi o tradicional Festival Folclórico, que este ano contou coa participación dos grupos Sarillo (Aiazo), Medorra con Troula (Galegos) e Carapaus (Santiago). Pola mañá, o grupo ordense Embruxo Gaiteiros protagonizou un pasacalles por Ponte Carreira.

O Concello de Frades aproveito tamén a I Festa do Rural para presentar en sociedade un proxecto que está a ultimar e que verá a luz nas próximas semanas: o Museo da Cultura e Tradicións de Frades (MUFRA), que sería unha ampliación do actual Museo de Apeiros de Labranza, emprazado no segundo andar do edificio multiúsos de Frades.

Coincidindo co proxecto de mellora da accesibilidade a estas instalacións, orzamentado en 59.950 euros e que está a licitar o Concello de Frades grazas a unha achega da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia. A colocación dun elevador eléctrico dará acceso á primeira planta do inmoble, onde se empraza o actual Museo de Apeiros de Labranza de Frades.

“Pretendemos inventariar, catalogar e tratar as pezas xa existentes no Museo de Apeiros de Labranza e completar a colección incorporando outros trebellos representativos da nosa cultura tradicional para evitar así a súa desaparición”, explica Roberto Rey, quen apunta que “coas pezas existentes e coas que achegue a veciñanza procuraremos sentar as bases dun museo activo que recolla e amose a herdanza que nos deixaron os nosos devanceiros. Deste xeito, poderemos poñer en valor a forma de vida e o traballo dos nosos predecesores e evitar o seu esquecemento”.

Así, nas próximas semanas o Concello de Frades asinará un convenio de colaboración cun prestixioso historiador da contorna, que será a persoa encargada de liderar o proxecto. Un proxecto que se dividirá en seis seccións: arqueoloxía, etnografía, tecidos, tecnoloxía, a escola e música tradicional; ademais de tratar recoller elementos da cultura inmaterial de Frades: cancións, lendas, contos, refráns, ditos…

Relacionadas

Visitas e intercambios escolares

0
Abril foi un mes de intercambios e de visitas escolares, e aquí tedes tres exemplos: 👉 O alcalde recibiu esta semana aos nenos e nenas...

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Publicacións Relacionadas