Home A Coruña O Concello de Miño inicia os traballos de adecuación do centro de...

O Concello de Miño inicia os traballos de adecuación do centro de coworking e formación na Casa do Pescador ao que dotará de subministración

- Anuncio -

• A actuación, que ten lugar na primeira e segunda planta do inmoble, permitirá crear unha aula de formación básica e de cociña, sala de reunións e unha área de traballo colaborativo.

O Concello de Miño avanza na súa promoción do desenvolvemento local co inicio das obras e a subministración de equipamento e mobiliario do novo centro de formación e emprendemento situado na Casa do Pescador.

A actuación conta cun orzamento de 100.000 euros e está financiada con fondos do GALP Golfo Ártabro Norte, entidade dependente da Consellería do Mar, para adecuar dúas plantas da Casa do Pescador, convertendo un espazo que actualmente se atopa en desuso, no Centro Municipal de Emprego, Emprendemento e Formación.

A través destes traballos, o centro contará con novas dependencias que incluirán unha aula de formación básica, unha aula de cociña, unha sala de reunións, e un espazo de coworking para fomentar o traballo colaborativo e as iniciativas emprendedoras que queiran desenvolver a súa actividade no municipio.

Desde o goberno local sinalan a importancia ‘de poder contar cun centro que potencie ao máximo cuestións tan importantes para ou noso desenvolvemento local como ou traballo colaborativo e a formación profresional’ e celebran a cooperación institucional para ‘converter un espazo infrautilizado nun espazo de interese para a nosa veciñanza’.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas