Home Pontevedra O BNG pide ao Concello de Vigo que permita usar dunha vez...

O BNG pide ao Concello de Vigo que permita usar dunha vez o pavillón de Romil ao alumnado do colexio Doutor Fleming

- Anuncio -

A fronte nacionalista lamenta que o goberno de Caballero siga sen cumprir dous anos despois esta promesa co centro, que mesmo habilitou un acceso directo ás instalacións

Xabier P. Igrexas: «O único que recibe a comunidade educativa son escusas por parte do Goberno municipal malia que o pavillón está agora mesmo infrautilizado»

O Bloque Nacionalista Galego pide ao Concello de Vigo que permita usar o pavillón de Romil ao alumnado do colexio público Doutor Fleming en horario de mañá. A fronte nacionalista lamenta as continuas «escusas» do Goberno municipal para cumprir con esta promesa realizada hai dous anos polo alcalde, Abel Caballero, á comunidade educativa.

«É unha débeda histórica coas 600 alumnas e alumnos deste colexio, un dos de maior matriculación de toda a cidade», defendeu o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, tras manter unha xuntanza con representantes da ANPA, que trasladaron o seu malestar polas continuas evasivas que reciben do Concello.

Igrexas asegurou que non existe xustificación para que o alumnado do Doutor Fleming siga sen dispoñer de espazos necesarios para a práctica deportiva mentres o pavillón de Romil, a carón do centro educativo, continúa «absolutamente infrautilizado». Desde o colexio mesmo habilitaron un acceso directo ao pavillón, porén o Concello só prevé autorizar o uso parcial, concretamente do seu andar superior, un espazo que non contaría coas condicións de seguridade axeitadas para a práctica deportiva que precisa o alumnado.

Nese sentido, o edil nacionalista reiterou o «completo apoio» do BNG ás reivindicacións das familias e do alumnado, que xa trasladara nos pasados meses tanto na Comisión Informativa de Deportes como no Pleno municipal «a pesar de que a propia concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández continúa a facer ouvidos xordos en lugar de buscar solucións».

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas