Home Vigo Baiona Baiona prepárase para celebrar esta fin de semana a Romaría de San...

Baiona prepárase para celebrar esta fin de semana a Romaría de San Cosme e San Damián

- Anuncio -

O vindeiro sábado 24 de setembro, o domingo 25 e o luns 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

Os veciños e veciñas poderán participar na contorna de Santa Liberata nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos, gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos outonais. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.

Estes días oficiaranse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.

Durante tres días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía, etc. O mercado se extendiende tamén pola rúa Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.

A programación comezará o sábado ás 11:30 cunha cata de Mel organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) no local da parroquia, situado na Rúa Santa Liberata. Ás 18:00 no mesmo lugar, poderase gozar dunha charla sobre “Apiturismo” impartida tamén por esta asociación. Ás 17:30 horas haberá un pasacalles a cargo da asociación cultural “ A Seneira”. A partir das 20:00 poderase gozar de música tradicional e dunha sesión D.J. a cargo de Viktor Flores.

O Domingo, 25 de setembro, o local da parroquia acollerá unha nova charla ás 11:30 baixo o título “Que bonitas son as abellas” impartida por (AGA). Ademais, o mercado vai ser amenizado coas actuacións de grupos folclóricos e pasacalles. Ás 11:30 horas levará a cabo un pasacalles a cargo da asociación cultural “A Seneira” no recinto de Santa Liberata.

Ás 13:15 o atrio de Santa Liberata acollerá a actuación da asociación folclórica “Vila de Baiona”. A partir das 17:00h “Os Terribles de Donas” poñerán música á xornada de tarde cun pasacalles.

O luns 26, festivo local, o grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña ofrecerán dúas actuacións no atrio de Santa Liberata, unha ás 13:00h e outra ás 18:45h.

En canto aos actos relixiosos, o sábado, día 24 de setembro, haberá novena ás 19:00h na Capela de Santa Liberata. O domingo a Ex-Colexiata de Santa María acollerá misas ás 10:30h, ás 12:30h e ás 19:00h. Pola tarde, ás 18:00h na Capela de Santa Liberata celebrarase a novena.

O luns, día 26 de setembro (festivo local), haberá misas ao longo de todo o día: Ás 08:00 e ás 09:00, na Capela de Santa Liberata. Ás 10:00, 12:00 (misa solemne), 18:00 e 20:00 na Ex-Colexiata de Santa María. A tradiconal procesión terá lugar ás 11:15h acompañada por “Os Trebellos”.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “O Concello de Baional profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta pola liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas