Home Xunta de Galicia A Xunta remite ao concello de Lugo o informe favorable condicionado sobre...

A Xunta remite ao concello de Lugo o informe favorable condicionado sobre o 5% do PXOM

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego remata así o seu papel na tramitación desta ferramenta urbanística, que queda agora en mans do Concello para a súa aprobación definitiva en pleno


 O novo planeamento deberá recoller integramente as condicións expresadas nos informes emitidos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil así como outros aspectos relativos aos cursos fluviais

A Xunta de Galicia remitiu hoxe ao Concello de Lugo o informe favorable, pero condicionado da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre o 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade, pendente de aprobación desde o ano 2011.

Con esta resolución, tal e como salientou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, remata o papel do Goberno galego na tramitación desta ferramenta urbanística. “Polo tanto, xa o deixamos na man do Concello para a súa aprobación definitiva”, engadiu.

Porén, a conselleira lembrou que o informe autonómico remitido hoxe inclúe condicionantes que o Goberno local deberá cumprir e resolver como paso previo á aprobación do 5% pendente.

Deste xeito, o documento que se someta á consideración do pleno municipal deberá recoller integramente as condicións expresadas nos informes emitidos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil sobre este 5% do PXOM, así como outros aspectos relativos aos cursos fluviais.

Logo de incidir na celeridade coa que actuou a Consellería, xa que cómpre lembrar que o Concello remitiu a documentación á Xunta este mesmo mes de setembro, Ángeles Vázquez reiterou o compromiso do Goberno galego con Lugo e os seus cidadáns, contribuíndo deste xeito a que a cidade dispoña dun PXOM completo o antes posible.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

Publicacións Relacionadas