Home Vigo Baiona Baiona recibe ao alumnado do Instituto Arxentino-Gallego Santiago Apóstol tras o parón...

Baiona recibe ao alumnado do Instituto Arxentino-Gallego Santiago Apóstol tras o parón do COVID

- Anuncio -

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, recibiu no Concello a un grupo de estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires. Nesta ocasión, a visita foi aínda máis especial, se cabe, pois a visita a Galicia do estudantado viuse interrompida hai dous anos con motivo da crise sanitaria do COVID.

O rexedor deu a benvida aos mozos e mozas resaltando “a importancia destes proxectos internacionais, xa que aparte de servir para que se coñeza Baiona no exterior, neste caso en Arxentina, serven para afianzar os lazos entre ambos os lugares, moi unidos debido á gran cantidade de galegos, entre eles moitos baioneses e baionesas, que emigraron a este país”.

O alumnado recibido no consistorio son estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol, o único centro que está financiado pola Xunta de Galicia fóra das fronteiras da nosa comunidade. O estudantado, na súa gran maioría descendentes de galegos e galegas, reciben clases de lingua galega así como tamén materias de cultura galega, historia de Gaicia, xeografía…

Os mozos atópanse no seu último curso de estudos e antes de iniciar a universidade realizan a viaxe a Galicia como excursión de fin de curso.

Chegaron á nosa comunidade hai uns días e durante 15 días percorrerán diferentes zonas de Galicia. Xa estiveron en Santiago de Compostela e na Crouña, e prevén percorrer as catro provincias.

Antes da recepción na casa do concello de Baiona, os mozos fixeron un interesante percorrido pola Casa da Navegación da Villa, guiados polas instalacións pola directora da Casa. Así mesmo, fixeron unha visita ao museo flotante da Carabela Pinta.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas