Home Xunta de Galicia Román Rodríguez salienta que a Xunta continuará traballando con lealdade para recuperar...

Román Rodríguez salienta que a Xunta continuará traballando con lealdade para recuperar os bens do interior do Pazo de Meirás

- Anuncio -

— O conselleiro de Cultura celebra o paso dado polo Estado para reclamar a propiedade de varios bens, atendendo á reclamación formulada polo Goberno autonómico desde hai tempo

— “Acredítase que a única forma de garantir a propiedade é a vía xudicial e agora agardamos seguir mantendo a unidade de acción dos últimos anos para uniformizar criterios e dar garantías ao proceso”, expresa

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, celebrou hoxe en nome da Xunta o paso dado polo Goberno do Estado ao reclamar a propiedade de determinados bens de Meirás vinculados á figura de Emilia Pardo Bazán e de Franco en calidade de xefe do Estado durante a ditadura.

En declaracións ao programa Bos días da TVG indicou que é unha decisión que ratifica a postura da Xunta que levaba tempo reclamándoo ao Estado. “É un paso que levabamos moito tempo demandando desde a Xunta, que tiña que dar o Goberno do Estado e que acredita de novo que o único camiño de garantir a propiedade dos bens é a través da vía xudicial”, explica o titular de Cultura do Goberno autonómico, como así se fixo tamén con éxito co inmoble e con determinados bens vinculados ao Pazo.

Como indicou, a noticia da reclamación dos bens foi coñecida pola Xunta a través dos medios de comunicación. Espérase agora contar con información directa por parte do Goberno central para “manter a unidade de acción que mantivemos ata o de agora”. Neste sentido, salientou a intención do Goberno autonómico de continuar “traballando de maneira coordinada e con lealdade para uniformizar criterios e dar garantías ao proceso”.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas