Home Xunta de Galicia Rueda enxalza un ano histórico para o turismo en Galicia con récord...

Rueda enxalza un ano histórico para o turismo en Galicia con récord de peregrinos e unha ocupación hoteleira nunca vista no mes de agosto

- Anuncio -

— Salienta que antes de rematar o verán xa se superou a barreira das 348.000 compostelas do total de 2019, o ano con máis peregrinos desde que hai rexistros


— Chama a atención sobre os datos de ocupación hoteleira do mes de agosto, cun máximo de viaxeiros e de pernoitas e un nivel de recuperación respecto do 2019 por riba da media de España


— Subliña o acerto da aposta polo turismo de calidade, que se consolida cos 325 distintivos Q acadados polos establecementos turísticos galegos, o que interpreta como un aval ao bo facer do sector e á estratexia emprendida da man do Xacobeo: “Podemos estar orgullosos”, dixo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou 0 2022 como un ano histórico para o turismo en Galicia con récord de peregrinos e unha ocupación hoteleira nunca vista no mes de agosto.

O presidente da Xunta salientou os bos datos turísticos que se están a acadar en Galicia con motivo da entrega dos novos recoñecementos Q de Calidade Turística outorgados o ano pasado polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Alfonso Rueda chamou a atención sobre a transcendencia de que ao longo desta semana se superara a barreira das 348.000 compostelas do total de 2019, o ano con máis peregrinos desde que hai rexistros. Puxo en valor que esa marca histórica chegaba incluso antes de que rematara o verán e recordou que quedan aínda tres meses por diante “que nos darán moitas alegrías”. Adiantou, ademais, que todos os datos indican que, tendo en conta a progresión de afluencia no segundo ano do Xacobeo, podería pecharse o 2022 coa extraordinaria cifra de 400.000 peregrinos.

Polo que respecta aos datos de ocupación hoteleira no mes de agosto que acaban de darse a coñecer, Rueda calificounos de “espectaculares”, cun máximo de viaxeiros e de pernoitas e un nivel de recuperación respecto do 2019 por riba da media de España.
Acadáronse 726.543 viaxeiros, un máximo da serie histórica de agosto. E no que respecta ás noites, con máis de 1,6 millóns, Galicia iguala o máximo histórico do oitavo mes do ano acadado no 2017 e supera o do anterior Xacobeo (1,4 millóns de noites). As cifras de viaxeiros aloxados superan nun 9,9% as do 2019, antes da pandemia; e as de noites, nun 3,4%. No conxunto de España, o nivel de recuperación respecto do 2019 sitúase no 98%, mentres que en Galicia está por riba do 100% por terceiro mes consecutivo, consolidando a tendencia positiva dos últimos meses. Ademais, Galicia lidera os bos datos turísticos da España Verde xunto co País Vasco.
No acumulado do ano 2022, son 4,1 millóns os viaxeiros aloxados, cun incremento do 82,4% respecto do 2021 e dun 23,6% respecto do 2019. As noites acumuladas suman 7,9 millóns, que son un 59,3% máis que no 2021 e un 11,6% máis que no 2019.
O presidente da Xunta asegurou que estas boas novas confirman que a estratexia emprendida para facer do turismo un dos motores da recuperación económica de Galicia foi axeitada, e que a aposta polo turismo de calidade, unha marca diferencial.
Líderes en certificacións de calidade
O acto de entrega dos novos recoñecementos Q de Calidade Turística tivo lugar na Finca Montesqueiro de Oleiros, o primeiro establecemento orientado á celebración de eventos que consegue este distintivo. No evento tamén se lle outorgou unha mención especial á Travesía Náutica Xacobea por ser a única empresa distinguida como ruta turística, un novo sector na entidade que xestiona o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e que confirma o liderado de Galicia nunha marca que aporta prestixio, profesionalidade, diferenciación, rigor e promoción aos certificados. A Comunidade, ademais, sumou no 2021 un museo, o Castelo de Soutomaior.
Con 325 acreditacións -31 novas no 2021- Galicia sitúase no liderado desta marca que premia a excelencia na xestión turística, sendo a segunda Comunidade Autónoma, só por detrás de Andalucía, con máis certificacións. Galicia, ademais, reforza a súa posición vantaxosa en relación ás CCAA da España Verde, e é líder en 13 categorías e pioneira e única Comunidade con certificacións nas modalidades de albergues turísticos, espazos públicos senlleiros, aloxamentos sostibles e rutas turísticas.
Alfonso Rueda destacou que nada disto sería posible sen a implicación das empresas turísticas e dos seus traballadores, dos seus axentes e dos seus clientes. A todos eles felicitounos pola súa profesionalidade e interpretou os bos datos como un aval ao bo facer do sector e á estratexia emprendida da man do Xacobeo. “Podemos estar orgullosos”, dixo.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

Publicacións Relacionadas