Home Vigo Baiona Baiona únese para que o lixo non chegue ao mar

Baiona únese para que o lixo non chegue ao mar

- Anuncio -
  • A praia Ladeira acolle este mércores 28 unha xornada de limpeza de lixo mariño organizada ao abeiro dun proxecto do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

Fomentar a conservación do patrimonio natural do Camiño de Santiago implicando á poboación, a peregrinos e peregrinas, ao tecido asociativo e a diversas entidades. Ese é obxectivo de ‘Stop and help! que o lixo non chegue ao mar’, un proxecto impulsado polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e que, en colaboración coa Asociación A Jalleira e co Concello, chega este mércores 28 de setembro a Baiona cunha xornada de limpeza de lixo mariño na praia Ladeira.

Nesta acción de retirada de residuos en Baiona, ademáis de convidar ás peregrinas e peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa, contaráse coa participación das voluntarias e voluntarios do COBGA, de Avelaíña Asociación Saúde Mental, e CEP Sabarís e do Concello de Baiona,

Una iniciativa coa que todas e todos podemos achegar o noso gran de area para acabar cun problema que afecta a toda a poboación. Será seguro unha xornada de limpeza pero tamén de convivencia, aprendizaxe e concienciación sobre como protexer e coidar os nosos mares e océanos.

A iniciativa, que percorrerá outros concellos da comarca, rematará cunha intervención artística final con parte dos refugallos retirados a cargo de reputadas personalidades do mundo da arte contemporánea galega, expertas no eido das intervencións arte-natureza, como Carme Hermo ou Antón Sobral. O resultado final exporase no centro de visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia coa finalidade de servir de memoria viva na loita contra os lixos mariños e as súas consecuencias sobre o medio ambiente.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas