Home Vigo Baiona A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con Femupo que...

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con Femupo que activa o Plan Corresponsables para dignificar o sector dos coidados

- Anuncio -

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona colabora con a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) que activa o Plan Corresponsables para favorecer a conciliación de familias con menores dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

O Plan Corresponsables Femupo xorde baixo un convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O obxectivo é desenvolver un dos principais eixes do Plan Nacional de Corresponsables que consiste en transformar o coidado de menores en actividade laboral regulada e facilitar a conciliación familiar e laboral.

“Para Femupo supón un gran impulso como federación xa que nos converte na agrupación social e feminista referente do Plan Corresponsables na provincia de Pontevedra,” declara Raquel Touriño, presidenta de Femupo. “Isto vainos facilitar medios para levar a cabo multitude de accións por toda a provincia e así expandir a nosa filosofía de traballo co obxectivo de acadar a igualdade das mulleres.”

Un dos principais eixes do Plan Corresponsables Femupo é a formación gratuíta para que as mulleres poidan acceder ao Certificado de profesionalidade no coidado de menores de ata 16 anos. O Plan contempla ademais a creación dun censo laboral que se porá a disposición de empresas e administracións que busquen persoas dispostas a traballar no coidado de menores

Con esta iniciativa, búscase favorecer que mulleres poidan acceder a empregos de calidade nos seus lugares de residencia ou exercer profesionalmente unha actividade que viñan desempeñando de maneira non formal.

“Temos que ser conscientes de que hoxe en día conciliar o traballo cos coidados familiares supón facer malabares. Hai que investir e educar para facer real a corresponsabilidade de maneira que os coidados se compartan e deixen de ser cargas na vida familiar,” comenta Touriño.

Levaránse a cabo, entre outros, accións de formación encamiñadas a un futuro recoñecemento da experiencia laboral das mulleres, como por exemplo a acción formativa de manipulación de alimentos; primeiros auxilios, competencias básicas ou competencias dixitais.

O acordo enmárcase na aposta da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona pola conciliación e a corresponsabilidade e a creación de emprego de calidade.

As persoas que desexen participar neste programa formativo poden anotarse chamando ao Centro de Información á Muller de Baiona (CIM) no 986 35 75 54.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas