Home A Coruña A Xunta organiza en Oza-Cesuras un curso sobre o benestar animal e...

A Xunta organiza en Oza-Cesuras un curso sobre o benestar animal e a contaminación eléctrica nas instalacións gandeiras

- Anuncio -

Impartirase de forma presencial o vindeiro mércores, 5 de outubro, no local social de Santaia de Probaos en horario de mañá e tarde

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar o vindeiro mércores, 5 de outubro, un curso sobre o benestar animal e a contaminación eléctrica nas instalacións gandeiras. Esta formación será presencial e celebrarase en horario de mañá e tarde (de 10,00 h. a 14,00 horas e de 15,30 h. a 18,30 horas) no local social de Santaia de Probaos.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, ten como obxectivo concienciar aos asistentes sobre o efecto da electricidade no benestar e produtividade dos animais. Neste senso, daranse unhas pautas sobre o uso de medidores e o seu diagnóstico, co fin de mostrar a existencia e evidenciar fontes de correntes eléctricas non desexadas nas instalacións.

O curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o curso referido e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 960 207, ou enviarse un correo a oac.seca.betanzos@xunta.es.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Publicacións Relacionadas