Home A Coruña A Xunta realizará dosu novos cursos para ampliar a capacitación dos patróns...

A Xunta realizará dosu novos cursos para ampliar a capacitación dos patróns costeiros polivalentes en Vigo e Ferrol

- Anuncio -

— A formación impartirase entre os meses de outubro e decembro na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo e o prazo de matrícula en ambos casos permanece aberto

— Galicia sitúase á vangarda nesta oferta formativa que permite aos patróns costeiros polivalentes adquirir os coñecementos necesarios para actuar como primeiros oficiais de ponte en buques de pesca de ata 42 metros de eslora

A Consellería do Mar convoca dous novos cursos para as persoas que posúan o título de patrón costeiro polivalente e queiran ampliar as súas atribucións como primeiro oficial de ponte co obxectivo de atender a demanda neste eido. Estas formacións impartiranse na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, do 4 de outubro ao 18 de novembro, e no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo, do 7 de novembro ao 14 de decembro.

O primeiro deles desenvolverase en horario de tarde, de 16,00 a 20,00 horas, e o segundo en horario de mañá, de 9,20 a 13,10 horas. O prazo de matrícula permanece aberto para ambos ata o inicio das formacións, polo que todas aquelas persoas que estean interesadas en apuntarse poden consultar os requisitos necesarios e a documentación que teñen que presentar tanto na páxina web da Consellería do Mar como nos propios centros nos que se van levar a cabo.

Estes dous cursos, que se realizan en colaboración coas confrarías de pescadores, súmanse aos cinco postos en marcha este ano pola Consellería do Mar por primeira vez, situando a Galicia á vangarda nesta oferta formativa que permite aos patróns costeiros polivalentes adquirir os coñecementos necesarios para actuar como primeiros oficiais de ponte en buques de pesca de ata 42 metros de eslora.

Para a súa programación, a Consellería do Mar realizou consultas previas ás entidades asociativas do sector para coñecer as necesidades neste eido e realizar unha convocatoria o máis adaptada posible ás demandas dos seus potenciais beneficiarios.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas