Home A Coruña San Sadurniño colleita de novo tres Flores de Honra no certame Vilas...

San Sadurniño colleita de novo tres Flores de Honra no certame Vilas en Flor

- Anuncio -

Promovido pola Fundación Juana de Vega, AGAEXAR e ASVINOR, Vilas en Flor recoñece as boas prácticas ambientais e paisaxísticas

A vila pontevedresa de Caldas de Reis acolleu esta mañá a gala de entrega dos premios do certame de paisaxismo Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega en colaboración coas asociacións sectoriais AGAEXAR e ASVINOR. Vilas en Flor recoñece coas chamadas “Flores de Honra” o compromiso co ambiente e coa integración nas tramas urbanas de zonas con árbores, xardíns e todos aqueles elementos naturais que contribúan a mellorar a habitabilidade de municipios inferiores a 40.000 habitantes, ademais de recompensar as políticas de difusión e concienciación cidadá neste ámbito. San Sadurniño volveu participar este ano canda outros 38 concellos galegos e volve de Caldas de Reis con tres flores do máximo de cinco que outorga o certame.

Desde 2018 -ano en que botou a andar en Galicia esta iniciativa internacional- ningún municipio logrou entrar aínda no clube das cinco flores e no das catro só se encontran Tomiño, Chantada e Allariz. San Sadurniño conseguiu en 2021 tres Flores de Honra, as mesmas que acaba de revalidar na presente edición como premio ao coidado e posta en valor dos espazos públicos pensando na veciñanza.

A través de visitas técnicas a todos os municipios participantes, os xuíces do certame valoraron aspectos relacionados co patrimonio paisaxístico, o respecto ao medio ambiente, o aproveitamento dos espazos verdes para fomentar a saúde pública, a xestión da auga e dos residuos, as actividades de promoción dirixidas á cidadanía e tamén a xestión turística.

O equipo avaliador visitou San Sadurniño a principios de outubro para interesarse polas políticas que se están levando a cabo en todos eses ámbitos e ver no sitio os principais resultados. Ademais de repasar outros proxectos xa valorados en anteriores edicións, o Concello aproveitou este ano para destacar o éxito que tiveron as figuras da Fraga Máxica da Cortiña como reforzo do espazo de lecer do arboreto e o paseo fluvial.

Xunto con San Sadurniño obtiveron tres flores A Guarda, Caldas de Reis, Cambados, Baiona, Gondomar, Carballo, Lalín, Mondoñedo, Ponteceso, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e, na nosa comarca, tamén Narón. Seguindo o listado de municipios premiados da nosa zona atopamos con dúas Flores de Honra os nomes de Fene, As Somozas e Pontedeume. Pecha o palmarés comarcal o concello de Ortigueira, con unha Flor de Honra.

As Flores de Honra de Vilas en Flor entregáronse esta mañá nun acto que tivo lugar no auditorio municipal de Caldas, presidido pola conselleira de Medio Ambiente na compaña de representantes do concello anfitrión e de responsables das entidades organizadoras: a Fundación Juana de Vega, a Asociación Galega de Empresas de Xardinería, AGAEXAR, e a Asociación de Viveiristas do Noroeste, ASVINOR.

Por parte de San Sadurniño acudiron recoller o premio o concelleiro de Desenvolvemento local, Manolo Varela, e a titular de Igualdade, Araceli Bellas.

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas