Home Xunta de Galicia A Xunta financia con 11,4M€ a contratación de 102 novos investigadores predoutorais...

A Xunta financia con 11,4M€ a contratación de 102 novos investigadores predoutorais que se incorporan ás universidades galegas e a organismos públicos de I+D+i

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publica a lista de seleccionados, que recibirán un importe de ata 112.000€ por investigador para todo o período, 30.000€ máis que na convocatoria anterior

— Tamén se amplía ata catro anos o período do contrato fronte aos tres actuais e dáse a oportunidade de que un investigador predoutoral poida acceder a un contrato de capacitación posdoutoral no seu ultimo ano de bolsa

— A día de hoxe hai arredor de 300 predoutorais realizando os seus traballos de investigación en Galicia grazas a esta liña de apoio do Goberno galego

A Xunta de Galicia financia os contrato dun total de 102 novos investigadores predoutorais para levar a cabo o seu labor científico nas tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i, con contratos de ata catro anos de duración que inclúen estadías de ata tres meses no estranxeiro.
O Diario Oficial de Galicia publica o listado dos investigadores seleccionados ao abeiro do programa de apoio predoutoral, de formación inicial de científicos, que o Goberno galego dota cunha partida orzamentaria de 11,4M€ (fronte aos 8,2M€ da anterior convocatoria).

Do conxunto de científicos seleccionados, 90 deles iniciarán o seu labor investigador nas universidades galegas, a razón de 11 na Universidade da Coruña, 64 na Universidade de Santiago de Compostela e 15 na Universidade de Vigo. Os 12 restantes incorpóranse a outros organismos públicos de investigación de Galicia, a razón de cinco na Fundación Profesor Novoa Santos, catro na Fundación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, dous na Fundación Biomédica Galicia Sur e un no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.
Reforzo económico e ampliación dos contratos
Nesta convocatoria de 2022 q ue agora se resolve a Xunta de Galicia introduciu unha serie de melloras como o incremento dun 38,3% nas axudas que vai recibir cada investigador ata un máximo de 112.000€ por todo o período fronte aos 81.000€ da última convocatoria.

Ademais, esténdese un ano máis (pasa de tres a catro anos) o período do contrato e dáse a oportunidade de que un investigador predoutoral poida acceder a un contrato de capacitación para a formación posdoutoral no seu cuarto ano. Isto é, se o investigador beneficiario dunha destas bolsas le a tese antes do inicio do seu cuarto ano de contrato, a Xunta fináncialle un contrato de capacitación para a etapa posdoutoral durante ese último ano.

Así pois, todos eles recibirán unha contía de 24.000 euros anuais durante os primeiros tres anos. O cuarto ano, recibirán 29.000 ou 30.000 euros en función de se acede ao mencionado contrato de capacitación .

Complemento por estadía no estranxeiro
A maiores engádese un complemento de estadía no estranxeiro que pode acadar os 6.000 euros de máximo, xa que varía en función da zona de destino. Deste xeito, se o científico escolle Portugal ou Andorra recibirá 2.000 euros; se realiza a súa estancia en Europa (salvo os dous países anteriores), África ou América (agás Estados Unidos e Canadá) terá á súa disposición 4.000 euros; e se o destino é Estados Unidos, Canadá, Asia ou Oceanía, a achega será de 6.000 euros.
O obxectivo deste programa que se vén desenvolvendo desde o ano 2012 é a formación do persoal investigador desde etapas iniciais (preparación da tese doutoral), co obxecto de que, mediante procesos formativos estables, adquirir as habilidades propias do persoal investigador. A día de hoxe hai arredor de 300 predoutorais realizando os seus traballos de investigación en Galicia grazas a esta liña de apoio da Xunta de Galicia.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas