Home O Salnés Cambados Avaliación do mandato 2019-2023

Avaliación do mandato 2019-2023

- Anuncio -

O Goberno municipal de Cambados dá por finalizado o mandato a medio ano das eleccións.
Deixando sen elaborar os orzamentos do 2023, renuncia a dotar de contido a súa acción de
goberno no ano que comenza.

O balance do bipartito PSOE-Somos Cambados é francamente negativo. Avisamos dende o
principio que, como non houbera un programa de goberno, o que lles agardaba era trampear a curto prazo, e acabar colapsando, como finalmente pasou. Sen o BNG marcando o rumbo, tanto o PSOE como Somos Cambados foron á deriva, improvisando sobre a marcha, competindo pola atención, e gastando sen rumbo en festexos e promoción política para destacar un sobre o outro.

Como mostra significativa das súas prioridades, o ano pasado gastaron en festexos arredor dun millón de euros, dun orzamento de dez. Dado que a maioría absoluta do orzamento se adica a pagar salarios dos traballadores municipais, para manter ese dispendio deixaron abandonadas as infraestructuras municipais, tanto sen contido como sen mantemento. O estado no que agora se atopan vaticina unha recuperación longa e difícil.

Pero é que ese destrago nin sequera serviu para organizar festexos en condicións. Temos ben presente o desastre que foi un presunto Albariño de dez días, dos cales as casetas só abriron os últimos. Sobran exemplos de veciños e turistas que confíaban en disfrutar da tan anunciada festa, só para atoparse coa Calzada pechada e unha festa a medio gas. Pero é só un máis.

Ni sequera cando lles puxemos en bandexa proxectos xa deseñados foron quen de levalos a cabo.

Cando sinalamos as deficiencias das casas de cultura parroquiais ou medidas tendentes a facilitar a conciliación familiar e laboral, confiabamos en que, polo menos, puideran xestionar tarefas sinxelas polo ben da veciñanza. Non foi o caso. Todo o que implicase traballo de fondo, sen gratificación instantánea en forma de prensa ou redes sociais, lles supoñía un esforzo insalvable.

Non había un proxecto, non había ideas, e con esta xente non hai futuro para Cambados. Nunca o BNG foi tan necesario para endereitar a política local e volver a dotar ao noso concello de proxecto, ambición, e porvir.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas