Home Deputacións Deputación Pontevedra O transformador modelo da Deputación protagonista en Valladolid no VII Encontro de...

O transformador modelo da Deputación protagonista en Valladolid no VII Encontro de Cidades pola Seguridade Viaria e Mobilidade Sostible

- Anuncio -

A presidenta Carmela Silva participou na mesa “Convivencia Segura” onde reivindicou que o espazo público se entenda “como dereito fundamental, como son a educación e a sanidade”

O modelo sostible e accesible impulsado dende fai oito anos pola Deputación de Pontevedra na mobilidade e nas infraestruturas provinciais converteuse, unha vez máis, en referente estatal no VII Encontro de Cidades pola Seguridade Viaria e Mobilidade Sostible organizado en Valladolid pola Dirección Xeral de Tráfico e a FEMP. A presidenta Carmela Silva vén de participar na xornada explicando o modelo de transformación do espazo público da institución na mesa “Convivencia Segura”, moderada polo senador Alfonso Gil, e na que tamén interviñeron a subdirectora xeral de Formación e Educación Vial da Dirección Xeral de Tráfico, Mª José Aparicio; o concelleiro delegado xeral de Mobilidade e Espazo Urbano de Valladolid, Luis Velez; a alcaldesa de Aranda de Duero, Raquel González, e a coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan, Ana Montalbán.
Ante un auditorio ateigado de máis de 300 persoas, a Deputación de Pontevedra foi presentada como unha grande referencia no Estado, como sinalaron os moderadores, os e as responsables do Ministerio de Mobilidade e Axenda Urbana, a coordinadora da Rede de Cidades que Camiñan e a propia DGT. As actuacións realizadas nas vías provinciais e nos concellos en tan só oito anos foron consideradas neste VII Encontro de cidades como “un gran milagre” e coincidiron en sinalar que “a provincia de Pontevedra é un modelo a seguir polo conxunto das administracións locais”.
“O espazo público ten que entenderse como dereito fundamental, como é a educación e a sanidade. Nós sempre tivémolo claro e por iso apostamos por cambiar o modelo –explicou a presidenta -, xa que o que tiñamos ata o de agora tiña xerado sociedades enfermas, que non se relacionaban, contaminantes, onde as persoas máis vulnerables, moi particularmente as mulleres, estaban ameazadas pola ocupación do espazo público polos vehículos”. Carmela Silva informou que “temos 1.700 quilómetros de estradas provinciais moi dispersas, cunha herdanza tremebunda que consideraba ao espazo público como propiedade dos vehículos, onde se levaba moitos anos sen actuar”. Remarcou que o modelo transformador aplicado nos últimos 8 anos ten permitido xa “recuperar moito espazo público para as persoas, construíndo lugares nos que se socializa, onde a xente é máis feliz e convive, se atopa e ten máis saúde e calidade de vida, onde a economía mellora e os nenos e as nenas poden deixar de xogar en parques pechados, onde as persoas maiores se senten seguras e no que aquelas con problemas de mobilidade poden saír porque o espazo é tamén seu”.

A presidenta provincial fixo fincapé na importancia da “pedagoxía do cambio” explicando, mentres amosaba imaxes de espazos públicos que teñen sido reformulados por completo aplicando o plan da Deputación, que “cando a xente coñece o novo modelo renuncia ao anterior, reclama vivir en espazos así. Non hai nada mellor que amosar o antes e o despois das políticas de mobilidade desenvolvidas”. Tamén detallou Carmela Silva o proceso desenvolvido para conseguir o cambio, dende a creación dun “campo normativo para transformar a realidade”, ata a formulación de “respostas diversas para espazos diversos” ou a formación “tanto da rede de gobernantes como de persoal técnico que actúa no territorio, para deseñar espazos públicos pensados nas persoas”. Ademais fixo mención especial ao proxecto “Ágora” antes de concluír afirmando “que o mundo local ten demostrado que sabemos moito de transformar” e reivindicar “recursos suficientes para que estas transformacións se executen moito máis rápido”.

Na Mesa “Convivencia segura”, na que o senador Alfonso Gil situou á provincia de Pontevedra como “modelo de boas prácticas e banco de probas para exportar a outros lugares”, afondouse no novo modelo de cidade, centrado en recuperar os espazos públicos para as persoas e fíxose fincapé na necesidade de tomar “decisións valentes” para democratizar a mobilidade. Ao longo do debate falouse de convivencia segura, de aprender de novo a convivir regulando a nova realidade, adaptando as contornas, educando conforme aos novos principios, vixiando e controlando. Tamén da mellora da calidade de vida da cidadanía e de converter ás cidades en espazos camiñables, que garantan a seguridade das persoas para o que é preciso reducir o volume de tráfico e a velocidade dos vehículos.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas