Home Deputacións Deputación Pontevedra O CPI de Mosteiro-Meis acolle mañá martes a proxección do documental sobre...

O CPI de Mosteiro-Meis acolle mañá martes a proxección do documental sobre Domingo Fontán impulsada pola Deputación

- Anuncio -

A rapazada de 3º e 4º asistirán tamén a unha charla coloquio no que coñecerán a “un dos científicos máis relevantes da historia de Galicia”

O CPI Mosteiro-Meis acollerá mañá unha nova xornada da proxección do documental ‘Fontán, o primeiro rostro de Galicia’ sobre o matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 – Cuntis, 1866) e a primeira carta xeográfica galega feita por el. Trátase dunha actividade impulsada polo departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra –dirixido pola deputada María Ortega-, que pretende achegar aos centros educativos un dos científicos máis relevantes da historia de Galicia
A peza audiovisual convida a facer un percorrido pola historia e a orografía galega, incluíndo entrevistas de especialistas e nocións sinxelas de matemáticas e xeografía, o que a converte nunha ferramenta didáctica atractiva e multidisciplinar.
A proxección estará acompañada unha introdución e un coloquio posterior, a cargo de parte do equipo realizador (Kaito Estudios). Desta maneira o alumnado, que en Meis estará formado por dúas clases (3º e 4º), coñecerá a vida do matemático e xeógrafo Domingo Fontán, un dos máis grandes homes que deu Galicia, e reflexionará sobre a importancia do seu Mapa Cartógráfico de Galicia, o primeiro de España realizado con metodoloxía científica e coa tecnoloxía do século XIX, durante 17 anos da súa vida. Coñecerán tamén instrumental para medir distancias e ángulos, similar ó de Fontán co fin de comparalo co que existe na actualidade.
Ademais de a Meis, o ciclo de proxeccións chegará tamén ao IES de Mos, ao IES de Chapela (Redondela), o CPI Domingo Fontán (Portas), aos IES de Ponteareas, o CPI Manuel Suárez (O Rosal), o CPI Santa Lucía (Caldas de Reis), o IES Pintos Colmeiro (A Estrada), o IES de Pontecaldelas e o IES Poio.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas