Home Pontevedra Deza Pablo Cuñarro Fernández concorrerá de número 5 na candidatura do PP de...

Pablo Cuñarro Fernández concorrerá de número 5 na candidatura do PP de Rodeiro para liderar as áreas de deporte, educación e xuventude

- Anuncio -

• É Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, profesor de Educación Física, socorristas, técnico deportivo e xogador do Rodeiro e manifesta que a súa incorporación á lista popular “é unha honra, porque vaime permitir volcar a miña vocación de axudar aos veciños nun proxecto maioritario”.

• Cati Somoza explica que a presenza de Pablo Cuñarro “era fundamental porque mistura seriedade e moita formación, a cercanía propia coa xente que queremos imprimir ao grupo e porque non hai ninguén mellor en todo o concello para representarnos no mundo do deporte, no eido educativo e coa xente nova”.

O rodeirense Pablo Cuñarro Fernández, de 31 anos, vai concorrer de número 5 na candidatura do PP do Rodeiro, encabezada por Cati Somoza, para liderar as áreas de Deporte, Educación e Xuventude, segundo se deu a coñecer na xornada de hoxe no marco do anuncio da lista dos populares de Camba.

Pablo Cuñarro ten unha ampla formación no eido deportivo, posto que é Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, ten un mestrado en profesorado de Educación Secundaria e Bacharelato, é socorrista con ampla experiencia en instalacións acuáticas, monitor de ximnasio e técnico deportivo de Nivel 2 na modalidade de adestrador de fútbol.

Trátase dunha persoa moi coñecida no municipio, especialmente no ámbito deportivo, xa que é xogador de fútbol no Rodeiro e actualmente traballa como profesor de Educación Física con praza no IES Pintor Colmeiro de Silleda.

“É unha honra que Cati e o Partido Popular quixeran contar comigo para esta nova etapa que se vai abrir coas eleccións municipais de maio, porque se trata da candidatura na que todo o mundo quere participar e porque vaime permitir volcar a miña vocación de axudar aos veciños nun proxecto claramente maioritario e que representa á perfección a toda a xente de Rodeiro”, manifestou Cuñarro.

A nova incorporación da candidatura popular sinalou que pode “contribuír, con total
humildade, a mellorar a vida do noso concello co meu gran de area, cun traballo e unha implicación absoluta, e con especial fincapé no mundo do deporte, que ten unha gran importancia e peso en Rodeiro, e tamén no eido da Educación, que é a miña profesión e vocación, e nas relacións coa xente nova, aos que queremos darlle unha relevancia especial porque son o futuro”.

Cati Somoza, que amosou a súa ledicia pola conformación dunha candidatura “moi potente, moi preparada, moi representativa e lista para traballar dende o primeiro minuto”, explicou que, para ela, a presenza de Pablo Cuñarro na súa lista e no seu equipo de traballo “supón un piar fundamental porque mestura seriedade e moita formación malia a súa xuventude e ten a cercanía propia e o trato directo coa xente que queremos imprimir ao noso grupo”.

“Non hai ninguén mellor en todo o concello para representarnos no mundo do deporte, no eido educativo e no contacto coa xente nova, polo que é unha grandísima nova para o PP e sobre todo para Rodeiro e para os veciños que Pablo se sumara ao noso proxecto, co que sempre se sentiu identificado e do que agora formará parte cun papel moi preponderante”, concluíu a candidata.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas