Home Pontevedra Caldas O Concello de Pontecesures e Mar de Santiago organizan unha excursión gratuíta...

O Concello de Pontecesures e Mar de Santiago organizan unha excursión gratuíta para que 150 persoas coñezan o xeodestino

- Anuncio -

A viaxe terá lugar o sábado 6 de maio e inclúe traslado en barco ata Vilanova e visita guiada ás casas-museo Valle Inclán e Irmáns Camba

O Concello de Pontecesures e Mar de Santiago organizan unha excursión gratuíta, denominada “Mar de Santiago”, o sábado 6 de maio para dar a coñecer entre a veciñanza algúns dos atractivos que inclúe este xeodestino que conforman os municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa. Unha iniciativa na que poderán participar ata 150 persoas, tendo preferencia os veciños e veciñas de Pontecesures.

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, explica que “o obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer entre a veciñanza que é o xeodestino Mar de Santiago, cales son os atractivos que promovemos os catro municipios que o integramos e convidalos tamén a realizar o percorrido da primeira peregrinación a Compostela: a Traslatio cara o Mar de Santiago seguindo o camiño que atravesaron os restos do Apóstolo cara a Catedral de Compostela”.

Plan de viaxe

A expedición sairá do pantalán de Pontecesures ás 16:00 horas con destino Vilanova de Arousa, onde se agarda chegar ás 17:30 horas. Despois a veciñanza realizará visitas guiadas á Casa Museo Valle Inclán, que inclúe desde manuscritos orixinais e primeiras edicións do escritor ata unha colección de mobles e enseres propios dunha casa galega do século XIX. Despois, a expedición visitará a Casa Museo dos Irmáns Camba, destacadas figuras do mundo do xornalismo en cuxa vivenda se conservan primeiras edicións das súas obras, folletos, xornais, etc. Tras estas visitas gratuítas, os veciños e veciñas iniciarán a volta a Pontecesures en autobús.

As inscricións para participar na excursión “Mar de Santiago” abriranse o vindeiro luns 24 de abril a través da web municipal www.pontecesures.org, onde haberá que encher un formulario de anotación. A viaxe está aberta a todas as persoas que desexen participar e as 150 prazas cubriranse por orde de inscrición, coa única excepción de que sempre terán preferencia os veciños e veciñas empadroados en Pontecesures. No caso de participación de persoas menores de 14 anos, será obrigatorio cubrir un modelo de autorización (dispoñible na web municipal) por parte do pai, nai, titora ou titor da crianza.

Tamén será posible realizar a inscrición de forma telefónica, chamando ao 986 557 125, de luns a venres en horario de mañá.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas