Home Pontevedra Caldas A posta en valor o sector forestal e agrario do concello de...

A posta en valor o sector forestal e agrario do concello de Valga, debaterase nun acto público organizado polo BNG o xoves, día 4 de maio

- Anuncio -

Fran Devesa: “organizamos este encontro porque consideramos necesario sacarlle todo o partido á gran riqueza forestal e agraria que temos en Valga”

O sector forestal e agrario ten un gran peso específico no concello de Valga, e, pois iso, desde o BNG consideramos que é necesario darlle un “novo impulso para sacarlle todo o proveito económico e social”, dixo o candidato á alcaldía de Valga, Fran Devesa.

Con este obxectivo o BNG puxo en marcha un encontro o vindeiro xoves, 4 de maio, ás 19.30 h. na Sala Vermella do Auditorio Municipal de Valga (Cordeiro), que serva para dialogar co sector e buscar as mellores formas de potenciar un sector económico vital para Valga. “Queremos convidar expresamente a todo o sector produtivo vinculado á agricultura e ao monte para, entre todos e todas, buscar a mellor forma de aproveitar todas as grandes potencialidades que ten Valga nestes ámbitos, que son moitas”, dixo Fran Devesa.

Trátase dun encontro multidisciplinar, no que se abordará o aproveitamento multifuncional do monte, a cargo de ovidio Queiruga, presidente da comunidade de montes de Baroña, o valor engadido da transformación da madeira, a cargo de Francisco Pedras, técnico experto na cadea de valor da madeira, e as potencialidades e alternativas agrícolas de Valga (D.O. Pemento de Herbón, I.X.P. Viño Terras de Barbanza e Iria, Caña do País…), a cargo de Miguel Lois, enxeñeiro técnico agrícola e candidato número 2 do BNG en Valga.

“Vimos a expoñer as nosas ideas e propostas para sacar o maior proveito aos nosos recurpos, pero tamén a escoitar as demandas, as inquedanzas e as propostas das persoas involucradas directa ou indirectamente no ámbito forestal e agrícola, afirmou o candidato nacionalista, para quen “o diálogo sempre enriquece. Escoitar e contrastar as propostas é algo que sempre fixen sempre farei, e quero que sexa marca distintiva dun goberno BNG no concello de Valga”.

“Valga precisa sair da inercia e a rutina na que está instalada, é necesaria iniciativa, impulso,e novas ideas para que poidamos avanzar como sociedade. E esta é unha reunión para poñer en común propostas que redunden nun maior benestar e nunha maior riqueza para os nosos veciños e veciñas”, concluíu Fran Devesa.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas