Home O Salnés Cambados Cambados entrega unha nova vintena de composteiros individuais para a veciñanza de...

Cambados entrega unha nova vintena de composteiros individuais para a veciñanza de Castrelo

- Anuncio -

O Concello continúa desenvolvendo as iniciativas medioambientais da campaña “Gústanos Cambados Limpo”

O Concello de Cambados continúa a súa aposta por iniciativas medioambientais.

O alcalde Samuel Lago entregou unha nova tanda de vinte composteiros individuais á veciñanza da paroquia de Castrelo nun acto que se desenvolveu na Casa de Cultura da parroquia.

Ademáis de recoller o depósito de compostaxe, as persoas asistentes recibiron unha charla formativa sobre o uso deste tipo de contedores por parte do mestre composteiro da Mancomunidade, Gustavo Cochón.

O alcalde explica que ata o momento o reparto de composteiros individuais estábase centralizando no Punto Limpo pero agora se decidiu realizar as entregas por parroquias para chegar ao maior número de persoas.
A esta primeira entrega en Castrelo sucederanse outras en cada parroquia do rural do municipio co fin de achegar os composteiros individuais a toda a poboación.

Asimesmo, outra novidade é que a persoa que asista á charla pode solicitar o composteiro no mesmo momento, sen ter que cubrir o formulario previamente nas dependencias municipais.

En todo caso, o Concello todavía mantén provisión de composteiros individuais, de xeito que a veciñanza pode seguir optando por solicitalos no departamento de Medio Ambiente ou a través do formulario correspondente a disposición no Rexistro.

A distribución de composteiros individuais forma parte das políticas medioambientais que o Concello de Cambados ven desenvolvendo nos últimos anos.

Entre elas, o aumento dos composteiros comunitarios, que chegan actualmente a sete unidades distribuidas en varias zonas do centro urbano.

Un dos últimos, o ubicado no Beleco, triplicou nun mes os quilos de resíduos aportados pola veciñanza residente na contorna despóis da charla impartida nas instalacións dentro da campaña “Gústanos Cambados Limpo” que o Concello ven desenvolvendo en colaboración con Valoriza.

“Estamos moi satisfeitos do resultado que están arroxando as diferentes iniciativas medioambientais da campaña, xa que están a ser moi ben acollidas entre as persoas destinatarias, tanto escolares como colectivos deportivos ou a veciñanza en xeral”, indica o alcalde Samuel Lago.

As actividades de “Gústanos Cambados Limpo” continuarán nos vindeiros días cunha nova charla no composteiro comunitario da Praza de Abastos para incentivar a compostaxe entre a veciñanza da contorna.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas