Home Pontevedra Caldas O Concello de Pontecesures dá o visto bo ao segundo alleamento de...

O Concello de Pontecesures dá o visto bo ao segundo alleamento de aproveitamentos madeireiros no Monte Salgueiras

- Anuncio -

Será unha clara selectiva de 30,96 hectáreas pola que se agardan ingresar preto de 20.000 euros que se destinarán a melloras no Miradoiro do Galiñeiro

Técnicos do Concello de Pontecesures e do Distrito Forestal visitaron esta semana a zona do Monte Salgueiras onde se vai acometer o segundo alleamento de aproveitamentos madeireiros. Unha operación de clara selectiva polo baixo do piñeiro e a eliminación das acacias e eucaliptos existentes nestas 30,96 hectáreas de monte de utilidade pública.

Un monte pertencente ao Concello de Pontecesures, que agarda ingresar uns 22.000 euros. Os cartos, tal e como recollen as bases do propio aproveitamento, serán reinvestidos en actuacións forestais municipais e no fondo de melloras do Comité Provincial de Montes. Neste caso, o Concello de Pontecesures acometerá actuacións de mantemento e mellora da contorna do Miradoiro do Galiñeiro. Unha superficie dunhas catro hectáreas onde está previsto acometer unha xestión forestal responsable, que inclúe unha primeira plantación de especies autóctonas, especialmente de especies como bidueiros e freixos, con algúns castiñeiros e carballos, nas zonas sinalizadas polos expertos en paisaxismo.

O segundo alleamento de aproveitamentos madeireiros que se vai acometer no Monte Salgueiras centrarase nas faixas auxiliares das pistas, na contorna da capela da Virxe do Carme, do cemiterio e diante do miradoiro do Galiñeiro, o que mellorará as vistas sobre os meandros do Ulla. Terá un volume de 1.231 toneladas e o seu presuposto base de licitación ascende a 22.336,6 euros.

Esta actuación é posible grazas ao Plan de Ordenación Forestal para o monte Salgueiras, aprobado polo Goberno Local a finais de 2021, no que identificaban estes aproveitamentos forestais e as claras a levar a cabo.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas