Home Vigo Gondomar Luis López destaca que Paula Bouzós conseguirá un Gondomar de 10 tanto...

Luis López destaca que Paula Bouzós conseguirá un Gondomar de 10 tanto pola súa xestión como polo seu compromiso con todas as parroquias do concello

- Anuncio -

• Paula Prado lembra que “votar ao PSOE de Paco Ferreira é votar a Pedro Sánchez e ás súas políticas”, como a lei que rebaixou a pena de cárcere a máis de 1.000 agresores sexuais.

• A candidata destaca que “temos a oportunidade de recuperar o Gondomar que merecemos, cun goberno aberto e dialogante que se preocupe das necesidades dos veciños, e para iso precisamos da axuda de todos”.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, asegurou que o gran ambiente que se respira en Gondomar demostra que hai gañas de cambio, “e hai só unha persoa, un equipo e un partido que pode facelo: o Partido Popular liderado por Paula Bouzós”.

Foi durante a presentación da candidatura do PP ás eleccións municipais do 28 de maio. López asegurou que os veciños teñen “a oportunidade de conseguir entre todos Un Gondomar de 10, non só pola calidade na súa xestión , senón tamén porque o compromiso de toda esta candidatura é traballar de xeito igualitario en todas e cada unha das parroquias”.

Nesta liña, recordou que “en maio o que está en xogo é o futuro de Gondomar. Son as eleccións máis importantes para os nosos concellos. A política local é a que transforma o concello no que vivimos. Por iso é tan importante elixir ben, apostar por proxectos serios, por equipos que traballen, que teñan ilusión e ideas. Por persoas que empaticen e entendan as nosas preocupacións e, sobre todo, por partidos que resolvan”.

Non como ocorre agora en Gondomar, engadiu, “cun goberno acomodado, desgastado, ao que lle gusta pouco dar explicacións da súa xestión. No que hai moita improvisación e falta planificación. Un goberno socialista que atende só no centro, tratando de veciños de segunda aos que viven fóra del…”.

Para conseguilo, pediu a colaboración de todos. “Pídovos que axudedes a Paula a conseguir a alcaldía de Gondomar. Se nos implicamos todos, seguro que o logramos”.

PRONTO GOZARÁ DA FORMA DE GOBERNAR DO PP
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou que Paula Bouzós “ten que ser a próxima alcaldesa”, porque Gondomar “non pode seguir así: a remolque doutros concellos, vivindo das rendas do que foi e cun Goberno socialista conformista, carente de ambición e máis centrado en si mesmo que en solucionar os problemas reais dos seus veciños”.

Neste sentido, lembrou que “votar ao PSOE de Paco Ferreira é votar a Pedro Sánchez, porque todos os candidatos do PSOE que se presentan, por moito que queiran desvincularse ou agochar as súas siglas, son delegados do sanchismo”.

“Son cómplices do Tito Berni, das corruptelas, de poñer a Xustiza aos intereses dos independentistas. E o máis grave: cómplices da Lei do ‘si é si’, que fixo de Pontevedra unha das provincias con máis agresores sexuais que viron rebaixada a súa pena de cárcere —máis de 1.000 en toda España—”, dixo a número dous do PPdeG.

Por último, adiantou que este concello pronto “gozará da forma de gobernar do PP”, poñendo como exemplo diso a Nidia Arévalo en Mos, Alejandro Lorenzo no Porriño ou Cristina Correa en Oia. “Unha forma de gobernar con estabilidade, con rigor, con xestión e con sentidiño; como tamén fan Alfonso Rueda na Xunta e como moi pronto fará Alberto Núñez Feijóo en España”, concluíu.

“TEMOS MOI PRESENTES AS PREOCUPACIÓNS DOS VECIÑOS”
Tamén a candidata Paula Bouzós incidiu en que Gondomar necesita un cambio, “e creo firmemente que con traballo, coas ideas claras e con esforzo podemos conseguir un futuro mellor, un Gondomar de dez”. Así afirmou que ten moi presentes as preocupacións dos veciños, entre as que se atopan “a necesidade dun PXOM que aporte seguridade aos nosos fogares, o saneamento en todas as parroquias, a dinamización do comercio local, o tecido asociativo, o deporte, a cultura e a educación e por suposto, do noso polígono da Pasaxe”.

Por iso, recordou que o 28 de maio “temos a oportunidade de recuperar o Gondomar que merecemos, cun goberno aberto e dialogante que se preocupe das necesidades dos veciños, e para iso precisamos da axuda de todos”.

Por último, destacou que o PP presenta unha lista renovada, con gañas e ilusión e que vai ser capaz de solventar as grandes necesidades que permitan a Gondomar volver á senda do progreso e da prestación de servicios aos veciños.

CANDIDATURA DO PP DE GONDOMAR

  1. PAULA BOUZÓS BARROS
  2. JULIO FERNÁNDEZ ALONSO
  3. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
  4. JAVIER PÉREZ ALONSO
  5. FÁTIMA GRANJA PAZ
  6. ÁNGEL PÉREZ DURÁN
  7. MARÍA JOSÉ ALONSO ESMERODE
  8. JOSE ANTONIO CAMESELLA RODRÍGUEZ
  9. PAULA RODRÍGUEZ PUGA
  10. CARLOS RODRÍGUEZ VÁZQUEZ
  11. MARÍA DOLORES GONZÁLEZ ALONSO
  12. BIBIANA VILA RODRÍGUEZ
  13. BEATRIZ BAS GARCÍA
  14. BRAIS FIGUEROA PÉREZ
  15. JORGE CARROZZINO MEERES
  16. MARÍA MISA CABREIRA
  17. ADOLFO CORREA CARRERA

SUPLENTES:

  1. MANUEL ALEJANDRO LORENZO MÉNDEZ
  2. MARGARITA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
  3. PATRICIA PÉREZ GONZÁLEZ
  4. DAVID PINTOS FONTÁN
  5. EMILIO DIOS PÉREZ
  6. MARÍA JESÚS MARTÍNEZ CHOUZA
  7. MARÍA TERESA RODRÍGUEZ BERNÁRDEZ
  8. ISMAEL TORRES ÁLVAREZ
  9. JOSE LUIS DOMINGUEZ GONZALEZ
  10. ROBERTO CARLOS MISA AGUSTIÑO

ENTIDADE LOCAL MENOR MORGADÁNS

  1. JUAN CARLOS ALONSO ESMERODE
    SUPLENTES:
  2. MARÍA MISA CABREIRA
  3. NICOLÁS COSTAS RODRÍGUEZ

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o próximo venres o prazo para que entidades sen...

0
A liña de axudas está dotada con 165.000 euros, un 10% máis que o aprobado polo anterior goberno da Deputación, e ten por obxectivo...

A Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolverán de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e manexo de Instagram A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de...

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Publicacións Relacionadas