Home Pontevedra A Paradanta Arbo acolle un ano máis a campaña "Quere o teu Mercado"

Arbo acolle un ano máis a campaña “Quere o teu Mercado”

- Anuncio -

• Ata o 24 de maio os consumidores na Praza de Abastos de Arbo recibiran coas súas compras un boleto para participar no sorteo de varias cestas con produtos locais.

• O sorteo terá lugar o 24 de maio ás 13:30horas na Praza

• As actividades para as crianza terán lugar o 13 de maio.

A praza de abastos de Arbo participa un ano máis na campaña internacional “ Quere ou teu mercado”. Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asintan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos.
No caso de Arbo, os nenos e nenas poderán achegarse ao Mercado Municipal o vindeiro sábado 13 de maio a partires das 10:30, e aprender dun xeito divertido a coñecer as verduras, froitas, peixes e carne, ao mesmo tempo que recibiran un agasallo e disfrutaran de xogos e música.
Esta campaña que se desenvolverá no mes de maio, organizada polo Concello de Arbo, coa colaboración dos praceiros e a Xunta de Galicia, os participantes na campaña e os compradores recibiran unha papeleta para entrar no sorteo de agasallos e produtos.
Con esta iniciativa preténdese fomentar o consumo de productos frescos no Mercado, que no caso de Arbo lévase mellorado considerablemente nos últimos anos.
Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas…que require unha dieta equilibrada e saudable.

Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados.
Dende hai máis de seis anos o Concello de Arbo e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, celebra a campaña “Quere o teu mercado”, co obxetivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados nas cidades, potenciando así a compra do produto local ao mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas