Home Pontevedra O PP de Vilaboa presenta no Consello de Contas de Galicia a...

O PP de Vilaboa presenta no Consello de Contas de Galicia a denuncia polo pago de 659.315,91€ sen facturas

- Anuncio -

O Partido Popular de Vilaboa presentará unha denuncia #ante o Consello de Contas de Galicia para esclarecer o pago de 659.315,91€ con facturas que non aparecen por parte dos pasados gobernos locais.

Tal como o partido veu denunciando os pasados meses, e tras diversos informes e consultas legais, o PP de Vilaboa elevou unha denuncia #ante o Consello de Contas para lograr esclarecer o pago de 659.315€ públicos que o Concello veu realizando e dos que aínda non se atoparon as facturas para coñecer os conceptos e os destinatarios deses pagos.

Os informes de intervención subliñan a ausencia de documentación respecto a eses pagos e que ignoraron as fases orzamentarias, sen seguir os procedementos normativos obrigatorios, e ignorando os controis internos o que o fai nulo de pleno de dereito.

Os mesmos informes reflicten que nin a intervención municipal tivo acceso ás mesmas facturas nin os gastos e descoñecen o motivo de causa de gasto de 659.315€ e esixe neses informes a inmediata entrega das facturas. Subliña que son saídas de fondos que carecen de xustificantes, devindo en non xustificadas por destrución.

A intención desta denuncia non é outra que cumprir co compromiso que o PP ten de que o 28 de maio, a xente poida acudir a votar sen estar condicionada e coñecendo a posición de cada partido respecto ao pago de máis de medio millón de euros sen xustificar os pasados anos.

O PP marca como premisa a auditoría que realizarán tras chegar á alcaldía de Vilaboa e nesa liña, eleva a denuncia respecto a a non xustificación destes pagos.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas