Home Pontevedra Centos de veciños e veciñas arroupan a Manu Lourenzo e “á candidatura...

Centos de veciños e veciñas arroupan a Manu Lourenzo e “á candidatura de toda a xente que lle quere a Soutomaior” no acto central do BNG no Campo de San Benito

- Anuncio -

Manu Lourenzo: “Imos contruir o Soutomaior novo que merecemos, e o imos facer da man de toda a xente que lle quere a este concello e que sabe que Soutomaior merece moito máis”

Centos de veciños e veciñas desprazáronse onte ao Campo de San Benito, en Soutomaior, para apoiar a candidato do BNG á Alcaldía, Manu Lourenzo, no acto central da campaña na parroquia. Xunto ao portavoz municipal do BNG interviñeron os candidatos Óscar del Valle e Charo Bouzón, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Durante a súa quenda, Pontón subliñou que “sempre é un orgullo visitar Soutomaior”, sobre todo se é para “apoiar a Manu Lourenzo e unha candidatura de xente honesta, traballadora, que xunta experiencia e sangue novo”. “Con Manu Lourenzo, Soutomaior gana un alcalde que leva o seu concello e a súa veciñanza no corazón”.

“Un alcalde que construirá o futuro de Soutomaior da man de toda a xente que lle quere a este concello e que ten claro que Soutomaior merece moito máis”, sinalou a portavoz nacional do BNG, quen concluíu a súa intervención afirmando que “Manu Lourenzo non o fará só, senón que xunto a el ten o mellor equipo que nunca tivo Soutomaior, para levar adiante o mellor proxecto da historia deste concello”.

Pola súa parte, Manu Lourenzo asegurou que “imos contruir o Soutomaior novo que merecemos, e o imos facer da man de toda a xente que lle quere a este concello e sabe que merece moito máis. Este proxecto vai máis alá do BNG e da xente desta candidatura. Este proxecto vai de toda a veciñanza que é consciente do inmenso potencial de Soutomaior e que non se resigna a que sexamos o concello máis pobre da ría. Imos cambiar iso, e converteremos Soutomaior na envexa de todo o país”.

O candidato do BNG á Alcaldía explicou que “todos compartimos un proxecto común, o de darlle o futuro a Soutomaior que merece e que merecen os nosos fillos e fillas. Todos xuntos, traballando man con man e con Soutomaior no corazón, ímolo conseguir”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas