Home Vigo Mos O BNG de Mos comprométese a reforzar o investimento en cultura, deporte...

O BNG de Mos comprométese a reforzar o investimento en cultura, deporte e servizos sociais

- Anuncio -

A deputada no Parlamento Galego Alexandra Fernández acompañou a Gustavo Barcia e a todo o seu equipo no acto celebrado en Dornelas.

O candidato á alcaldía presentou as principais propostas do seu programa de goberno e as medidas económicas precisas para facelo realidade.

O Local Social de Dornelas acolleu un dos actos centrais da campaña do BNG de Mos para as eleccións municipais do 28 de maio. O candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, reafirmou ante un auditorio repleto a súa vontade de reforzar o apoio municipal ás distintas asociacións culturais e veciñais do concello. A dotación económica do actual Plan Cultural, na súa opinión , “é claramente insuficiente e non contempla axudas para a organización de actividades ou o mantemento das instalacións”.

Barcia entende que o Concello conta con recursos abondo para incrementar o apoio ao tecido asociativo, pero cre que para conseguilo será preciso revisar as prioridades da política municipal en materia de Cultura. Puxo como exemplo da “pésima xestión do PP” a última festa de pre fin de ano, que custou máis de 38.000 euros, mentres que a partida asignada ao Plan Cultural é de apenas 37.000. “Gastaron, nunha soa noite, máis diñeiro do que destinan a apoiar ás asociacións culturais durante os 365 días do ano”.

Do mesmo modo, o candidato nacionalista comprometeuse a incrementar as axudas ao deporte, así como a reformar as instalacións municipais para dar resposta ás necesidades dos clubs. Dotar á piscina dun novo vaso ou construír un pavillón apto para a celebración de competicións oficiais son algúns dos compromisos incluídos no programa de goberno do BNG de Mos.

Outra das áreas nas que o BNG reclama maiores investimentos é a de Servizos Sociais. Barcia anunciou o reforzo do departamento con máis persoal e defendeu a viabilidade económica das novas contratacións. “Reducindo gastos superfluos”, segundo o candidato, “poderemos destinar máis recursos a unha área que ten gran incidencia na calidade de vida das persoas”. De acordo cos seus cálculos, “só con apagar a fonte luminosa das Angustias aforraremos cada ano 33.000 euros cos que poderemos contratar unha persoa máis para os Servizos Sociais”.

“Un tempo novo”

O acto contou tamén coa participación da deputada do BNG no Parlamento Galego Alexandra Fernández, que ten as súas raíces familiares, precisamente, na parroquia de Dornelas. A deputada vaticinou “o inicio dun tempo novo para Mos” a partir do 28 de maio e denunciou a “política caciquil e de despachos” do goberno de Nidia Arévalo. O PP, segundo Fernández, “promete unhas cousas durante a campaña, pero despois negocia outras nos despachos dos poderosos de costas á veciñanza”. O mellor exemplo, na súa opinión, está “no pelotazo que queren dar nos montes de Tameiga”.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas