Home Tabeirós Forcarei Luis López sinala que Forcarei necesita recuperar o Goberno de Belén Cachafeiro...

Luis López sinala que Forcarei necesita recuperar o Goberno de Belén Cachafeiro para deter o freazo que sufriría con outros catro anos de socialismo

- Anuncio -

• Paula Prado: “é sen dúbida a mellor opción para que Forcarei teña un goberno que goberne para todos, dea estabilidade e garanta solucións aos problemas da cidadanía”.


• Belén Cachafeiro pide un último esforzo para evitar que un puñado de votos prive a Forcarei dun proxecto de futuro.

O PP pide unha maioría absoluta para garantizar que Belén Cachafeiro volva a ser a alcaldesa de Forcarei e deter o freazo que sufriría este concello se padece outros catro anos longos e insufribles dun pacto de perdedores. “Necesitamos a maioría absoluta. Non nos vale a vitoria e quedar a un chisco de votos como hai catro anos, porque nese caso repetirase a película e os perdedores xuntaranse nun pacto no que o gran derrotado seredes vós, o pobo de Forcarei. Todos vós sodes imprescindibles”, sinalou o presidente provincial, Luis López, durante un mitin esta tarde en Soutelo, no que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.

López dixo que “fronte a unha alcaldesa que vive en Pontevedra e á que Forcarei non lle importa nin o máis mínimo, porque o único que quere é un posto no seu partido”, o PP ofrece “un proxecto serio, rigoroso e renovado, con Belén ao fronte. Unha muller que é deputada e que quere deixar de selo, porque quere ser a alcaldesa de Forcarei”.

Durante a súa intervención, o líder provincial asegurou que, malia a que a alcaldesa prefire renunciar a axudas do Goberno galego para logo acusalo de non investir en Forcarei, o maior investimento ao longo deste mandato é o que está facendo a Xunta destinando 800.000 euros para mellorar os colexios de Forcarei e Soutelo de Montes. “Esta obra, por suposto non foi pedida pola alcaldesa, que xa vos dixen que goberna de costas á Xunta. Esta obra foi pedida e pelexada por Belén, de xeito incansable, polo que, como vedes, fai máis Belén dende a oposición que a alcaldesa dende o goberno”.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, sinalou que “a miña compañeira no Parlamento, Belén Cachafeiro, é sen dúbida a mellor opción para que Forcarei teña un goberno que goberne para todos, dea estabilidade e garanta solucións aos problemas da cidadanía”.

“Belén amosa cada día a súa entrega e compromiso inequívoco con esta terra, que antepón sempre por riba de todo, e pola que non deixa de traballar arreo, cunha vocación de servizo público e unha experiencia de xestión que fan que ela sexa a mellor candidata e, sen dúbida, a mellor alcaldesa que precisan os veciños e veciñas de Forcarei”, indicou Paula Prado.

Por último, Belén pediu un último esforzo para converter en votos a ilusión e as gañas de cambio e evitar que un puñado de papeletas priven a Forcarei dun Goberno estable e cun proxecto de futuro. “Preséntome con leccións aprendidas, con ilusión, con ganas e con toda a forza necesaria para cumprir con todos os nosos compromisos”, sinalou, e pediu o apio e a confianza dos veciños “para transformar Forcarei e devolverlle a transparencia, o bo facer e a unidade. Quero mellorar cada pobo, que cada un deles sexa o mellor lugar para vivir”.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas