Home Pontevedra Luis López afirma que Agustín Reguera é un valor seguro para que...

Luis López afirma que Agustín Reguera é un valor seguro para que Soutomaior continúe sendo un gran concello para vivir

- Anuncio -

• Agustín Reguera destaca a xestión realizada estes anos, grazas á que se mantiveron todas as taxas municipais conxeladas desde hai máis dunha década, cunha débeda cero e coa mellora constante dos servizos municipais.


• Sinalan que o domingo hai dúas opcións: a estabilidade do Partido Popular ou un multipartito, que son un foco de problemas, de conflitos e de polémicas.


• Para o próximo mandato presenta cinco grandes proxectos, que superan os 5M€ e que suporán avances en materias fundamentais como o medio ambiente, a sanidade, o deporte, a mocidade e a política social.

O presidente do PP de Pontevedra, Luis López, pediu o voto para Agustín Reguera, “o candidato dos veciños de Soutomaior, cuxa experiencia e feitos son o seu mellor aval” para revalidar este domingo a alcaldía. Un alcalde que, enxalzou, é sinónimo de xestión seria e eficaz, de proximidade e dun modelo de éxito.

Foi durante o mitin que se celebrou onte pola noite en Arcade, e no que tamén participou a responsable de Mar do Goberno galego, Rosa Quintana, no que López pediu apostar “por un alcalde, un equipo e un Goberno que funcionan”. Así, recordou que “Agustín leva anos traballando cun compromiso firme pola transformación deste concello, unha transformación real, con feitos e con realidades. E non hai mellor aval que as cifras”, e subliñou que “cada día este concello suma novos veciños, persoas que se trasladan desde outros concellos porque ven en Soutomaior un lugar atractivo e agradable para vivir”.

Unha transformación de Soutomaior que, destacou, “non é froito da casualidade. Aquí hai moitísimo traballo e planificación, un proxecto que se centra nas persoas, que atende as necesidades, que plantexa solucións aos problemas, que se preocupa por mellorar de xeito continuo a calidade de vida dos seus veciños”.

Fronte a “este modelo rigoroso e estable” do Partido Popular, López asegurou que o único que ofrecen o resto de partidos “é un multipartito que son un foco de problemas, de conflitos e de polémicas, que retrasan o desenvolvemento dos concellos, porque están máis preocupados en solucionar o seu, o reparto de soldos e de postos, que no que realmente interesa aos veciños”.

Pola súa banda, Agustín Reguera puxo en valor a xestión realizada estes anos e grazas á que se mantiveron todas as taxas municipais conxeladas desde hai máis de dez anos, cunha débeda cero e coa mellora constante dos servizos municipais.

Para os próximos anos, o candidato á reelección presentou os cinco grandes proxectos que quere poñer en marcha en Soutomaior, “novas infraestruturas ao servizo dos veciños, como a reforma do colexio Oliveira, o novo centro de saúde, o parque-xardín de Soutomaior, a depuradora e o centro deportivo municipal”. Uns investimentos que, destacou, superan os 5M€ e que suporán un avance en materias tan fundamentais como o medio ambiente, a sanidade, o deporte, a mocidade e a política social.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas