Home O Salnés A Illa de Arousa O BNG reclama a renuncia ou relevo do candidato do PP na...

O BNG reclama a renuncia ou relevo do candidato do PP na Arousa

- Anuncio -

Ante as novas publicadas sobre a existencia dunha condena por violencia machista ao candidato do PP á alcaldía da Illa de Arousa, o BNG do Salnés quere manifestar:

  • A violencia machista é unha lacra que non cesa na nosa sociedade, provocando un continuo regueiro de casos de agresións e mortes.
  • Consideramos completamente indigno e inadmisible que alguén condenado por exercer a violencia machista poida facer parte dunha lista eleitoral, incumprindo os mínimos estándares éticos e de exemplaridade esixibles para ostentar un cargo público de representación.
  • Consideramos o comunicado do PP, a este respecto, insuficiente. Non abonda con anunciar que, de saír electo, o candidato non integraría o grupo municipal do PP, podendo producirse o esperpento de que outro hipotético candidato a alcalde polo PP no pleno recibise o apoio da persoa en cuestión.
  • Correspóndelle ao PP, quen provocou esta situación, poñer todos os medios necesarios para corrixir esta intolerable situación.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas