Home O Morrazo Bueu A Deputación e Igualarte levan ata cinco concellos da provincia un espectáculo...

A Deputación e Igualarte levan ata cinco concellos da provincia un espectáculo de danza e teatro interpretado por persoas con diversidade funcional

- Anuncio -

A compañía teatral Al Lío representará a peza “HabitarMe” este mes de xuño nos concellos de Bueu, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar e Redondela

A Deputación de Pontevedra e a Fundación Igualarte, que desde o ano 2002 traballa para que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse de maneira artística, levarán o espectáculo de danza e teatro “HabitarMe” neste mes de xuño a cinco concellos da provincia. A peza estará interpretada polas persoas da entidade que integran Al Lío, a compañía teatral ao abeiro da fundación, e a xira desenvolverase do 10 ao 25 de xuño polos concellos de Bueu, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar e Redondela.

Al Lío é unha compañía de teatro, danza e expresión corporal que cuestiona a relación entre o corpo e a mente a través de historias da vida cotiá dende unha perspectiva feminista. Neste proxecto as súas integrantes interpretan “HabitarMe”, unha peza de danza-teatro que trata sobre mulleres diversas, ben habitadas, que fan, que cuestionan, que están incómodas, que optan por moverse da seguridade do preestablecido porque descobren que hai outras formas que as definen. A obra fala da dialéctica do non parar, non pensar, non sentir e de súpeto un crack, unha pausa, un alento máis longo do habitual, onde nacen as ganas. Dirixida por María Romano, a peza será interpretada por Helena Cuber, Eva García, Vanesa Lea e Carmen Gómez.

“HabitarMe”, con entrada libre ata completar o aforo, arrancará o sábado 10 de xuño no Centro Social do Mar de Bueu, onde o espectáculo comezará ás 21.30 horas. Ao día seguinte, o domingo 11, chegará a Cambados coa función no Auditorio Municipal ás 20.00 horas. Posteriormente, o espectáculo desenvolverase o domingo 18 no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, ás 20.00 horas e o sábado 24 no Auditorio Luis Tobío de Gondomar, tamén ás 20.00 horas. O ciclo pecharase en Redondela o domingo 25, coa función no Auditorio Multiusos da Xunqueira ás 19.00 horas.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Publicacións Relacionadas