Home Ourense O Concello presenta a XVI Copa Galicia Xadrez Escolar, que homenaxeará o...

O Concello presenta a XVI Copa Galicia Xadrez Escolar, que homenaxeará o finado profesor Emilio Rodríguez

- Anuncio -

O torneo celebrarase, na tarde deste sábado 3, no colexio Maristas de Ourense, e reunirá un total de 270 xogadores de todas as idades, desde os nacidos despois de 2015 até os sénior.

A dirección técnica da proba corresponderalles aos clubs Maristas e Xadrez Ourense, e competirase polo sistema suízo, a seis roldas.

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación da XVI Copa Galicia de Xadrez Escolar, I Memorial Emilio Rodríguez, en homenaxe ao finado profesor do colexio Maristas. É o propio colexio o encargado de organizar o torneo, que se celebrará no seu pavillón polideportivo desde as 16.15 até as 21.00 horas deste sábado, 3 de xuño, coa participación de 270 xogadores de todas as idades: desde os máis cativos, os nacidos despois de 2015 –categoría Sub8- até os da categoría Sénior, cuxa participación se abre por vez primeira na honra do profesor falecido.

A presentación contou coa presenza do tenente de alcalde en funcións, Armando Ojea, do delegado de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez, así como de representantes dos clubs organizadores: Elías González, Roberto Baltar e Manuel Vidal.

O modelo de competición será o sistema suízo a seis roldas -15 minutos por xogador para cada partida nas categorías de formación, e 10 minutos máis 3 segundos de bonificación por xogada para os sénior-, segundo establece a dirección técnica da proba, a cargo dos clubs Xadrez Ourense e Maristas Ourense.

Ademais dos premios correspondentes, a Copa Galicia entregará trofeos conmemorativos a todas as persoas participantes e realizará sorteos de material escolar, deportivo e gastronómico.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas