Home A Coruña A Coruña acollerá entre o 10 e 15 de xullo unha nova...

A Coruña acollerá entre o 10 e 15 de xullo unha nova edición do Festival Internacional +QJazz

- Anuncio -

A gran novidade será a inclusión dunha actuación gratuíta de Sharrie Williams Band o martes 11 na praza de Azcárraga

O conselleiro delegado do IMCE, Gonzalo Castro, presentou hoxe en María Pita a programación da novena edición do Festival Internacional +QJazz, que se desenvolverá en salas e auditorios da cidade entre o 10 e o 15 de xullo. As entradas para o ciclo pódense adquirir en Ataquilla, no quiosco da praza de Ourense e no despacho de billetes do Teatro Colón.

O ciclo albergará a grandes figuras do panorama jazzístico internacional, nacional eautonómico nunha sucesión de concertos que comezarán coa actuación de Yellowjackets o luns 10 de xullo no Teatro Colón, onde conmemorarán o seu 50 aniversario como formación.

As entradas para o concerto custarán 22 euros en venda anticipada e 25 euros o mesmo día no despacho de billetes.

A gran novidade será a actuación gratuíta de Sharrie Williams Band o martes 11 de xullo na praza de Azcárraga. “É unha mostra máis do compromiso do Goberno de Inés Rey coa difusión da cultura, buscando espazos únicos para a programación de concertos singulares”, indicou Gonzalo Castro.

As seguintes tres noites as salas de concertos da cidade serán as protagonistas. O mércores 12 será o turno de Steve Turre no Garufa Club (o custo das entradas irá de 12 a 15 euros), mentres que o xoves 13 Michael Olivera Trío actuarán no Filloa Jazz Club (entradas de 9 a 12 euros) e o venres 14 Red house Revival estarán na Sala Mardi Gras (entradas de 9 a 12 euros).

Castro destacou a gran aposta pola cultura levada a cabo polo Goberno de Inés Rey e a inclusión das salas e recintos populares da cidade na súa oferta cultural. “Non hai mellor escenario para promover a cultura na Coruña que ofrecer actividades atractivas, diferentes e, neste caso, co valor engadido de enriquecer a programación das nosas salas de concertos”, apuntou. Pechará o ciclo a tradicional actuación da Garufa Blue Devils Big Band, con artista convidado, o sábado 15 no Garufa Club (o custo das entradas será de 20 euros).

Coa programación do Festival +QJazz, o Goberno municipal continúa avanzando no seu obxectivo de situar A Coruña como cidade de referencia en eventos musicais, atraendo espectáculos e encontros de proxección internacional e nacional. “Con este elenco, o festival volve lograr unha edición máis o seu obxectivo: poñer a cidade herculina no escaparate dos grandes festivais de jazz e ampliar o seu espectro musical”, sinalou Castro.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas