Home A Coruña O San Xoán inclúe por primeira vez unha noite de meigas con...

O San Xoán inclúe por primeira vez unha noite de meigas con sardiñada popular, música e unha gran cachela

- Anuncio -

A comisión de festas aposta polo talento galego con Xoel López e Carlangas nos concertos dos días centrais da semana grande de Carballo

A posta en valor das tradicións do San Xoán, a aposta polo talento musical galego, a presenza das mellores orquestras da península e un amplísimo programa cultural serán os principais ingredientes das nosas festas, que neste 2023 queren outorgar un protagonismo especial á cativada e á mocidade para implicar aos carballeses e carballesas máis novos e fomentar a súa participación activa tanto na celebración coma, de cara ao futuro, na organización do San Xoán.

O presidente da comisión, Sergio Varela; a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentaron o extenso e variado programa que se desenvolverá non só ao longo da semana grande, do 21 ao 26 de xuño, senón ao longo de todo o mes de San Xoán, grazas á colaboración do movemento asociativo, tanto cultural coma deportivo, para que as actividades que teñen previstas tamén formen parte das nosas festas.

E como non hai festa sen música, este ano teremos moita, moita música. A comisión de festas aposta polo talento galego, e, así, nos días grandes de San Xoán contaremos con dous artistas galegos de proxección internacional: Xoel López e Carlangas, que compartirán a Praza do Concello con algunhas das mellores orquestras do momento: París de Noia, Grupo Bomba, Última Legión e Funçao Publika. E, ademais, bandas, charangas, corais, disco móbil, gaiteiros, grupos infantís, pinchadiscos… para ter animación musical da mañá á noite.

Neste 2023 temos moitas novidades! Recuperamos a revista das festas despois de catro anos, con interesantes artigos, fotografías e ilustracións, grazas á colaboración desinteresada dunha multitude de artistas e autores/as. Maruxa Suárez anunciou que estará á venda a partir do luns 5 de xuño na Biblioteca Rego da Balsa por 2,5 €.

E, seguindo coas tradicións, teremos unha noite de San Xoán moi especial, cunha gran sardiñada e churrascada popular, música, conxuro da queimada e unha cachela que fará historia, deseñada e construída por Maximino Pazos, gañador das últimas edicións do concurso de cachelas. Por certo que a vindeira semana abrirase o prazo para presentar as solicitudes de autorización para as cachelas.

Se a celebración da noite de meigas pretende converterse no punto de encontro da xente moza, este ano non só celebraremos o Día do Neno nas Atraccións senón toda unha xornada de actividades con Apego para desfrutar en familia con nenos e nenas de todas as idades. Os días 26 e 27 están pensados para que os máis pequenos da casa gocen plenamente das primeiras xornadas de vacacións.

Para inaugurar oficialmente estas festas tan especiais contaremos cunha pregoeira 100% carballesa, Gema Paz Bello, profesora xubilada e activista deportiva, social e cultural. O alcalde, coma todos os anos, foi o encargado de despexar a incógnita, e nesta ocasión, ademais, para falar dunha persoa que coñece ben, coa que ten compartido moitos e moi bos momentos grazas a ese factor que os une, que é o deporte.

Evencio Ferrero transmitiu o agradecemento do Concello de Carballo ás empresas patrocinadoras, entre elas, Opticalia Enríquez, que un ano máis patrocina o premio do concurso do cartel das festas; a todos os colaboradores e moi especialmente á comisión de festas polo seu traballo. O resultado é o programa que podedes descargar máis abaixo.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas