Home A Coruña Os premios europeos Architectural Heritage Intervention recoñecen o Plan Director do Concello...

Os premios europeos Architectural Heritage Intervention recoñecen o Plan Director do Concello para a rehabilitación integrada do Barrio das Flores

- Anuncio -

O concelleiro de Urbanismo, Francisco Díaz Gallego, puxo en valor este logro, “xa que para definir o Plan Director foi fundamental a participación e implicación das veciñas e veciños do barrio”

Este xoves celebrouse o acto de entrega dos premios europeos Architectural Heritage Intervention, unha iniciativa bienal promovida pola plataforma barcelonesa AHI, o Colegio de Arquitectos de Cataluña, o Ayuntamiento de Barcelona e a Área Metropolitana de Barcelona.

Na súa sexta edición, á que se presentaron 241 proxectos de despachos de arquitectura de 28 países europeos, otorgouse unha mención de nova creación, a ‘New European Bauhaus Mention’, ao Plan Director de Rehabilitación Integrada do Barrio das Flores, un proxecto levado a cabo polo estudio Territoris XLM e BCQ Arquitectura.

O xurado puxo en valor o carácter “inspirador” do deseño, “o aspecto máis valioso dentro do carácter integral e social da proposta, que aborda unha problemática estendida por toda Europa, propoñendo solucións innovadoras que favorezcan a un sector da poboación, o da xente máis maior, que merece unha atención especial”.

Ademais, o proxecto do Plan Director de Rehabilitación Integrada do Barrio das Flores tamén resultou finalista na categoría de premios ‘Urban Planning’.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, puxo en valor este recoñecemento, “xa que para definir o Plan Director foi fundamental a participación e implicación das veciñas e veciños do barrio, traballando e definindo posibles accións de mellora contando coas suxerencias da cidadanía”.

A este respecto, en novembro de 2021 iniciándose unha serie de talleres e reunións coa veciñanza do Barrio das Flores para que os propios residentes aportasen ideas susceptibles de ser integradas no Plan Director, definido en xullo do ano pasado.
A declaración do Barrio das Flores como Entorno Residencial de Rehabilitación

Programado (ERRP)

Díaz Gallego lembrou, ademais, que en outubro de 2022 aprobouse en Xunta de Goberno Local a declaración do Barrio das Flores como Entorno Residencial de Rehabilitación Programado (ERRP), categoría coa que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que permitiu que o Goberno de Inés Rey captase 6 millóns de euros en fondos Next Generation en novembro do ano pasado, co obxectivo de acometer melloras en catro ERRP da cidade. Entre eles, o do Barrio das Flores.

Neste enclave, e grazas a esta partida orzamentaria, levarase a cabo unha ambiciosa mellora do parque de vivendas no Barrio das Flores, así como da súa eficiencia enerxética.
Ademais, está previsto executar un plan de mellora da accesibilidade no itinerario peonil entre a praza dos Freixos e a rúa dos Castiñeiros, no sector norte do barrio.

Relacionadas

Máis de 1.200 fotógrafos e fotógrafas participaron nas 26 edicións do Certame Fotográfico Xosé...

0
Entregados a Mónica Vila Ferreirós, Antonio Gutiérrez Pereira, José Manuel Pérez Pena e Mª Goretty Vázquez Rodríguez os premios da edición 26ª28/04/2024.  Mónica Vila Ferreirós,...

O Concello subvenciona con 90.000 euros melloras na accesibilidade en tres bloques residenciais da...

0
As achegas municipais permitirán financiar ata o 50% das obras previstas polos veciños e veciñas dos edificios das rúas Almirante Mourelle, Palomar e Barcelona O...

Os XI Premios Juan Mayorga fixeron da Coruña a capital do teatro afeccionado

0
O concelleiro Gonzalo Castro, destacou a importancia das artes escénicas na programación cultural da cidade O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade,...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

O PSOE de Santiago mobilízase en apoio a Pedro Sánchez e “contra as accións...

0
Arredor dun centenar de militantes e simpatizantes concentráronse fronte a Casa do Pobo de Compostela para amosar o seu apoio “rotundo, absoluto e sen...

O Concello de Ponteceso arrastra unha débeda de case 3 millóns de euros, máis...

0
 O goberno local puxo en marcha unha auditoría externa para analizar os servizos e prezos das facturas pendentes de 2020 a 2023  Unha...

Publicacións Relacionadas