Home Baixo Miño A Guarda A Guarda realizará melloras na rede de abastecemento municipal de auga

A Guarda realizará melloras na rede de abastecemento municipal de auga

- Anuncio -

• O concello da Guarda realizará un investimento de 50.000 € destinado á modernización e mellora da rede de abastecemento municipal.

O concello da Guarda, seguindo a liña de traballo de mellora dos servizos municipais, realizará un investimento de 50.000 € destinado á modernización e mellora da rede de abastecemento municipal. Para esta actuación o concello fará unha contribución de 4.000 € e a Xunta de Galicia, a través dun fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local, fará unha achega de 46.000 €.
Tal e como recomenda o Plan de Seca do concello da Guarda, aprobado o pasado ano, é necesario traballar en distintos frontes para garantir o subministro de auga en situacións climáticas cada vez máis adversas motivadas polo cambio climático. Así, por exemplo, no verán do ano 2022 o concello conectaba o novo pozo dos Casás, cun caudal aproximado de 300 m^3 diarios, ao depósito regulador do Torroso. Este pozo axudou a levar mellor a situación de seca do verán do 2022.
No mesmo ano 2022 o concello encargaba unha “Auditoría Municipal de Abastecemento encamiñada a elaboración de Plans de Actuacións para Minimizar as Perdas de Auga”. Un documento xa recomendado no Plan de Seca por ser o control das as perdas de auga un dos factores que máis influe na optimización do subministro e por tanto no aproveitamento da auga.
A Auditoría Municipal do Abastecemento propón un cronograma de actuacións a catro anos para mellorar a rede de subministro de alta presión do concello da Guarda. Coa actuación proposta nesta primeira fase darase inicio ao “Plan de Actuación para Minimizar as Perdas de Auga do Concello da Guarda” que deberá ter continuidade no futuro e que nos permitirá ser máis independentes do subministro de auga de Tui e ter un aforro importante tanto de auga como en reparacións de fugas na rede.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas