Home Xunta de Galicia A Xunta propón a implicación de "influencers" na difusicón do "Sentidiño"

A Xunta propón a implicación de “influencers” na difusicón do “Sentidiño”

- Anuncio -

― O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, amousou o 112 Galicia a persoeiros dos eidos da comunicación e a cultura


― Con esta actividade afóndase na divulgación e capacitación da sociedade galega para unha resposta forte e responsable en caso de emerxencia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) Galicia da Estrada acolleu esta mañá un encontro con distintas personalidades do eido do entretemento e a comunicación. O xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo acompañou os asistentes na xornada destinada á difusión do sentidiño na comunicación da prevención e a atención ás emerxencias.

Como sinal de identidade dos perfís de redes sociais do 112 Galicia, o cancelo #sentidiño leva anos acompañando os seus consellos de autoprotección, que abranguen gran parte dos aspectos da vida cotiá da cidadanía galega. Esta xornada configurouse con vistas a amplificar o alcance de dito material entre os diferentes sectores da poboación.

Os participantes pertencen a campos que chegan a públicos diversos, entre eles a xente máis nova, coa que moitas veces é máis complicado interactuar desde as institucións: o da comunicación sobre emerxencias, con Eloy TP, Silcerino e Alberto Sxenick, personalidades de Twitter cun importante alcance, ou o do entretemento, coa tiktoker María Foscaldo (Meryfos, tamén coñecida como A Repunante).

Entre os principais obxectivos da visita estivo a busca de puntos comúns na comunicación, sempre coa finalidade de explotar ao máximo o potencial das redes sociais como espazo de concienciación. De feito, os asistentes puideron conversar co vicepresidente segundo neste sentido e mostróuselles o traballo informativo levado a cabo na web, Twitter e Facebook do CIAE-112 Galicia.

A xornada incluíu un percorrido polas diferentes salas e departamentos do centro para coñecer máis en profundidade a xestión das chamadas de emerxencia e o bo uso do número único de atención ás emerxencias 1-1-2. Finalmente, tiveron a oportunidade de observar os diversos materiais e recursos de que dispón o Grupo de Apoio Loxístico e de Intervención (GALI) da AXEGA.

Relacionadas

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Diego Calvo asistiu esta mañá ao encontro entre o Intasa San Sadurniño e o...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá ao encontro...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

Os licores espirituosos de Pazo de Valdomiño contan xa co selo de Garantia Galicia...

0
Ana Méndez, xerente do organismo da Xunta de Galicia, destaca o esforzo desta destilería para elaborar licores de calidade partindo da mellor materia prima A...

A enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés desenvolve...

0
― Ao longo do 2024 se están a revisar todas as pautas de vacinación das persoas institucionalizadas, e, en concreto, as do pneumococo e...

A Xunta activa na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil para facilitarlle á...

0
— A nova aplicación, dispoñible para os dispositivos de Android e Apple, elimina a necesidade de utilizar o cartón, ter saldo e recargar — Estará...

Publicacións Relacionadas