Home Xunta de Galicia Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de...

Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como evento multisectorial

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45ª edición

― O encontro, que se prolonga ata o domingo cunha ampla programación, acada a maior cifra de expositores directos dos últimos anos e medra en presenza institucional

― Os salóns paralelos sobre alimentación, turismo e caza, pesca e natureza ofrecen arredor de 200 propostas para profesionais e público xeral nas que se combina tradición e innovación

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia nun acto que contou tamén coa presenza do conselleiro do Medio Rural, José González, e coa conselleira do Mar, Rosa Quintana. Na súa intervención, Calvo destacou a fortaleza deste evento multisectorial que chega á 45ª edición coa maior cifra de expositores directos dos últimos anos, con 740 distribuídos en máis de 17.000 metros cadrados, e que medra en presenza institucional de ámbito nacional e internacional.
Para o vicepresidente segundo, a potencialidade organizativa e de loxística do recinto Feira Internacional de Galicia Abanca situado en Silleda é unha das claves do éxito da Semana Verde, xa que a súa versatilidade permite ofrecer, ademais das feiras profesionais, unha ampla programación con actividades de ocio, deportivas e gastronómicas, certames ecuestres e caninos, e concursos gandeiros. Convértese así “nun universo de coñecemento, de experiencias e de sensacións tanto para profesionais como para o público xeral”, apuntou.
Neste sentido, Diego Calvo enxalzou a capacidade de innovación do evento, con arredor de 200 propostas que combinan accións tradicionais que convocan cada ano un público fiel coas máis innovadoras, sobre todo no salón de alimentación e turismo. Así, sinalou a presenza de preto de 80 innovacións alimentarias lanzadas ao mercado no último ano, como o xeado de polbo ou a marmelada de olivas e anís, entre outras.
Encontros profesionais
Canto á vertente profesional, o vicepresidente segundo referiuse ás xuntanzas entre compradores alimentarios, nas que está previsto que participen unha trintena de representantes de 19 países, e entre turoperadores, que contarán tamén cunha trintena de representantes con presenza en 12 países.
Como cada ano, a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acolle catro salóns paralelos co Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), a Feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca), o Salón Turístico de Galicia (Turexpo), e a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se converten nos mellores escaparates do carácter punteiro galego en cada un destes sectores. A eles súmanse eidos como a gandería, o enerxético a través da biomasa, o da maquinaria agrícola ou o das mascotas. O evento prolóngase ata o domingo 11, con acceso de balde.

Relacionadas

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

A Xunta denuncia o retraso dos compromisos adquiridos polo Goberno Central en materia de...

0
— O Goberno galego lamenta a falta de transparencia do Executivo estatal e reclama un diálogo continuo e fluído entre ambas administracións para coñecer...

Publicacións Relacionadas