Home Pontevedra Baixo Miño O PP de Tomiño denuncia apagons no alumeado público na praza de...

O PP de Tomiño denuncia apagons no alumeado público na praza de Figueiró e noutros puntos do municipio e solicita ao Goberno que seixa a reposición do servizo

- Anuncio -


-Os populares revelan que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites e consideran “inadmisible” esa situación, ao tempo que alertan de que os cortes e caídas na iluminación se reproducen, con menor intensidade, noutros lugares

-A voceira municipal, Lara Meneses, sinala que o Concello debe responsabilizarse de que funcionen axeitadamente os servizos que ten contratados para non prexudicar aos veciños e ínstalle a solicitar á empresa distribuidora a corrección inmediata destas deficiencias

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de denunciar diversos problemas no alumeado público do concello despois de que, nos últimos días, se estean a producir prolongados apagóns nos puntos de luz que están a afectar principalmente á praza central da parroquia de Figueiró, pero que tamén se están a detectar, con menor intensidade e periodicidade, noutros lugares e camiños.

Os populares revelaron que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites, o que motivou que moitos veciños desta contorna lles trasladaran as súas queixas por esta situación, e tamén que os problemas do alumeado público se están a reproducir cunha menor gravidade noutros puntos do rural tomiñés.

A voceira municipal, Lara Meneses, considera que estes cortes e caídas son “inadmisibles”, xa que prexudican moito a calidade de vida da veciñanza tanto para os seus desprazamentos en vehículo ou a pé, como para a seguridade viaria ou, simplemente, a presenza cotiá nestes espazos públicos en horario nocturno.

Por todo elo, a concelleira popular vén de solicitarlle ao goberno local que esixa a inmediata reposición e o funcionamento axeitado do alumeado público á firma enerxética, xa que o Concello ten que responsabilizarse de que os servizos que ten contratados se presten de xeito correcto para non afectar aos cidadáns. Así, insta ao executivo nacionalista a que se dirixa á empresa distribuidora para demandarlle a corrección inmediata destas deficiencias, sempre e cando, como parece, sexa unha cuestión derivada do servizo enerxético e non dos báculos, farolas ou outras infraestruturas municipais dos sistemas de iluminación.
“Está claro que, se está fallando o subministro, o Concello non é culpable, pero si é responsable e competente de que o alumeado estea operativo, xa que paga as correspondentes facturas eléctricas, polo que ten que dirixirse á empresa distribuidora de inmediato e que lle poña couto a este problema”, indicou Meneses, que engadíu que, de non solucionarse estas deficiencias en próximas datas, presentará unha iniciativa para abordar esta cuestión no pleno municipal.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas