Home Xunta de Galicia A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos 6 parques naturais de Galicia

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de ata 12.000 € no caso de particulares, empresas e asociacións e de 40.000 € no dos concellos

— Tras participar no izado da bandeira sendeiro azul na ruta da Aceveda, a primeira en lograr este distintivo na provincia de Ourense, subliña a importancia de apostar por iniciativas que contribúan a fomentar o uso público e sostible do patrimonio natural

— Cunha extensión de 8 km, o itinerario discorre integramente polo Parque Natural do Invernadeiro, o único de titularidade 100% pública que hai na Comunidade galega

A Xunta convoca unha nova orde de axudas cun orzamento de 1,63 millóns de euros para financiar actuacións e proxectos que contribúan á posta en valor e conservación da biodiversidade e dos valores patrimoniais que albergan os seis parques naturais existentes en Galicia: Fragas do Eume, Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Baixa Limia-Serra do Xurés e O Invernadeiro.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou hoxe O Invernadeiro, onde anunciou que, a partir de mañá e ata o vindeiro 28 de abril, os interesados poderán presentar as súas solicitudes para optar a subvencións de ata 12.000 euros por proxecto no caso de que o promotor sexa unha persoa física ou xurídica, asociacións ambientais e comunidades de montes ou empresas e de, como máximo, 40.000 euros se o solicitante é un concello.
A responsable autonómica participou esta mañá no acto de izado da bandeira que acredita como sendeiro azul a ruta da Aceveda, localizada no corazón do Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, e cunha extensión total de 8 quilómetros.
Ao respecto, explicou que foi a Xunta, como propietaria do 100% deste espazo natural, a que decidiu presentar a candidatura deste itinerario aos galardóns que convoca cada ano a Asociación de educación ambiental e do consumidor, para poñer en valor o papel das sendas e camiños peonís como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e turísticas ao aire libre e interpretar ambientalmente a contorna.
Tras subliñar que se trata do primeiro sendeiro azul declarado na provincia de Ourense e o primeiro tamén que discorre integramente por un parque natural galego, a vicepresidenta segunda en funcións lembrou que este ano Galicia se consolida como a comunidade española con máis rutas distinguidas, cun total de 49 das 128 concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis que suma xa 319,37 quilómetros.
Neste sentido, Ángeles Vázquez subliñou a importancia de apostar por iniciativas como esta, que supoñen un recoñecemento ao traballo a prol do uso público e sostible do patrimonio natural galego, un obxectivo no que enmarcou tamén a liña de axudas que desde hai anos convoca a Xunta para apoiar actuacións e proxectos tanto de iniciativa pública como privada nestes espazos naturais.
Ao respecto, explicou que, como principal novidade da orde deste ano, se poderán subvencionar tamén campañas de concienciación medioambiental e actividades informativas e de sensibilización relacionadas con calquera dos seis parques naturais.
Así mesmo e ao igual que en convocatorias anteriores, tamén serán subvencionables iniciativas destinadas á conservación e restauración da biodiversidade, especialmente as dirixidas a mitigar os efectos do cambio climático; á mellora da conectividade ecolóxicas da fauna e a flora; a recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da súa paisaxe, e á creación ou mellora de infraestruturas para a xestión de usos recreativos.

Relacionadas

Diego Calvo asiste esta tarde no Lalín Arena ao partido dos Hispanos contra Serbia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu esta tarde no...

O itinerario turístico da Xunta ao redor da flor da camelia incorpora seis novos...

0
Súmanse á Ruta da Camelia o Pazo de Faramello, na Coruña, e a Estación Fitopatolóxica Areeiro de Pontevedra Na categoría de recurso asociado entran...

A Xunta sitúa o servizo de asistencia xurídica gratuíta en Galicia como “referente a...

0
O director xeral de Xustiza compareceu no Parlamento para dar conta dos avances na materia, que enmarcou no diálogo constante cos colectivos representantes dos...

A Xunta concede preto de 2.400 axudas en catro anos para corrixir impactos paisaxísticos...

0
Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021...

A Xunta convoca catro cursos básicos de auxiliares de policía local que suman 240...

0
Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, desenvolveranse de xeito presencial na Academia Galega de Seguridade Pública a partir de finais de maioNa...

A Xunta promove a linguaxe inclusiva dentro do seu Campus formativo a prol da...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou esta tarde en Ourense a xornada ‘A necesidade da linguaxe inclusiva para...

Publicacións Relacionadas