Home Pontevedra As obras de asfaltado no Camiño da Traída comezarán en abril

As obras de asfaltado no Camiño da Traída comezarán en abril

- Anuncio -

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, acometerá a partir do 1 de abril os traballos de asfaltado nos camiños da Traída e Valeiro, en Chapela. O edil explica que as obras nestes camiños de Chapela prolongaranse durante dúas semanas, xa que se actuará en dez tramos onde se rexistran fochancas. Nalgúns destes tramos tamén se canalizarán as augas pluviais. As reparacións faranse con asfaltado en quente. Trátase dunha metodoloxía de traballo que é máis laboriosa, pero deste xeito “as reparacións son máis efectivas e duradeiras”, explica Villar.
Está previsto que os traballos rematen no prazo de dúas semanas, o 15 de abril, se as condicións meteorolóxicas o permiten. Desde o departamento de Infraestruturas e Sostibilidade avanzan que podería haber algún peche do tráfico puntual por mor destas obras. Por outra banda explican que os traballos deberán facerse extremando as medidas de precaución pola presenza de peóns e especialmente, xa que este camiño forma parte dun dos tramo do Camiño Portugués pola Costa.

Relacionadas

A Xunta destaca a aposta do R.C. Celta polo deporte feminino e de base...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e da delegada territorial...

O Club de lectura do Porriño convídanos a encontrarnos a través dos libros

0
O barrio de San Benito acolle, ata o 12 de maio, esta cita coa lectura cunha nutrida programación con preto de 40 actividades para...

O Rosal e Caminha dan os primeiros pasos para unha grande alianza transfronteiriza no...

0
A alcaldesa Ánxela Fernández Callís e o presidente Rui Lages mantiveron un encontro no que se comprometeron a traballar na creación dunha Eurocidade coa...

Soutomaior acende a lingua

0
Máis de 240 escolares do concello de Soutomaior participarán na primeira edición dos Xogos  da Lingua que se celebrarán o 21 de maio no...

Sandra Barreira tomará posesión como concelleira da corporación no pleno ordinario do vindeiro luns

0
∙ A nova integrante do Goberno cuntiense substituirá a José Fernández Treviño, quen renunciou á acta por razóns profesionais ∙ O alcalde, Manuel Campos, agradece...

O PSdeG-PSOE esixe á Luís López que cumpra coa súa palabra e reabra de...

0
Ana Laura Iglesias recorda ao presidente da Deputación que se comprometeu á reapertura da oficina en canto a igrexa estivera aberta ao público e...

Publicacións Relacionadas