Home Pontevedra Soutomaior acende a lingua

Soutomaior acende a lingua

- Anuncio -

Máis de 240 escolares do concello de Soutomaior participarán na primeira edición dos Xogos  da Lingua que se celebrarán o 21 de maio no municipio. Unha actividade de intercentros educativos onde se correrá en relevo pola lingua seguindo un formato de xogos olímpicos.  Unha proba que comezará en Salgueirón,  relevo no IES Soutomaior e chegada a Talo para participar na gran festa das letras amenizada cun espectáculo especial  do paiaso Peter Punk.

O concello de Soutomaior deu a coñecer hoxe o amplo abano de actividades que teñen programadas para este maio das Letras. Entre elas, unha das máis destacadas e principal novidade deste ano son os Xogos da Lingua. Unha actividade que terá lugar o 21 de maio e que ten como obxectivo amosar, a través do relevo, a importancia de falar a nosa lingua, o galego, a importancia de transmitir e do relevo xeracional do noso idioma.

O inicio deste Xogos da Lingua terá lugar o 21 de maio ás 9:30 h. da mañá onde, en Salgueirón, se concentrarán as e os participantes desta proba da Escola de Educación Infantil de Romariz e do Colexio Santiago Apóstol. Ás 10:00 h. partirán de Salgueirón cunha antorcha/facho,  ata o seguinte centro e así sucesivamente para completar as probas cunha metodoloxía de xogos olímpicos. A seguinte parada será ás 10:15 h. no IES Soutomaior onde lle darán a antorcha a ese centro e xuntos pecorrerán as rúas de Arcade ata chegar a Talo Río.

Durante o percorrido, onde irán correndo e andando, haberá múltiples xogos e probas, onde as e os participantes terán que ir recadando os premios de cada unha destas probas que serán pezas dun quebracabezas moi especial que unirán á súa chegada a Talo Río dando como resultado unha imaxe da homenaxeada neste 17 de maio, a escritora Luísa Villalta.

A chegada a Talo Río nesa xornada está prevista sobre media mañá, ás 12:00 h., alí as e os participantes recibirán unha chapa conmemorativa pola súa participación nos Xogos da Lingua e poderán degustar a súa merenda desfrutando do espectáculo ESPECIAL CON LINGUA PROPIA do paiaso Peter Punk.

Esta é sen dúbida a principal novidade desta edición da programación das Letras Galegas en Soutomaior, nun mes onde haberá múltiples actividades entre as que destaca: Lectura dramatizada + Taller de escritura creativa sobre Rosalía de Castro e Luísa Villalta de Trémola Teatro, unha cita que terá lugar o 15 de maio na Biblioteca Luís Seoane. O xoves 16 de maio ás 21:00h. chegará ao Multiusos “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno teatro. O domingo 19 o protagonista será o teatro con música en directo ‘Supercoroza. Na eira e na lareira’ de Xanela do Maxin, unha cita que terá lugar ás 18:00 h. na Casa da Cultura Rexina Míguez Doval. O sábado 25 de maio ás 21:00 h. chegará ao Multiusos  “Made in Galicia” de Sechu Sende e o mércores 29 de maio a programación das letras pecharase cos Contacontos en verso con Yolanda Castaño, unha cita que terá lugar ás 18:00h. na Biblioteca Luís Seoane.

Todos estes obradoiros e espectáculos serán de balde, ata completar o aforo. Para máis información poden consultar a Axenda Municipal do concello de Sotomaior en: https://www.soutomaior.gal/wp-content/uploads/2024/04/Axenda-Municipal.pdf

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas