Home Deputacións Deputación Ourense O Goberno provincial presenta unha proposta de modificación de créditos que destina...

O Goberno provincial presenta unha proposta de modificación de créditos que destina máis de 13 millóns de euros a cooperación cos concellos

- Anuncio -

O presidente Luis Menor subliña que a verdadeira dimensión do expediente atópase, “por encima de todo”, na consolidación do compromiso adquirido para implantar un novo modelo de financiamento que fortalece a cooperación coas entidades locais

Con esta aposta polo municipalismo “chegamos a todos os concellos da provincia e sete mancomunidades, cunha cifra nunca alcanzada ata agora: 23 millóns de euros de financiamento directo aos concellos”

No documento figuran novas canles de colaboración, como a primeira liña de axudas para Protección Civil, as achegas para as Anpas de colexios de toda a provincia e tamén para as protectoras de animais

O Goberno provincial presentará ao pleno do mes de abril un expediente de modificación de crédito por importe de máis de 36 millóns de euros, dos que 13 millóns estarán destinados a cooperación cos concellos a través de diferentes mecanismos de financiamento e capítulos.

O presidente da Deputación, Luis Menor, sinala que este expediente de modificación “permitirá seguir profundando nas políticas implantadas polo grupo de goberno desde a súa toma de posesión”. Aínda que o importe total desta proposta brinda a posibilidade de levar a cabo novas medidas xa proxectadas, para Luis Menor a verdadeira dimensión do expediente atópase, “por encima de todo”, na consolidación do compromiso adquirido ao comezo do mandato para implantar un novo modelo de financiamento que fortalece a cooperación cos concellos.

Así, na modificación figura un capítulo de cooperación local dotado con case 9 millóns de euros, 3 deles para complementar o Plan CooperOU, que alcanza os 17 millóns de euros, e 5,9 millóns máis en axudas nominativas para os concellos en base a contías fundamentadas na poboación. Con esta aposta polo municipalismo, subliña Luis Menor, “chegamos a todos os concellos da provincia e sete mancomunidades, cunha cifra nunca alcanzada ata agora: 23 millóns de euros de financiamento directo ás entidades locais”.

En próximos exercicios ampliaranse as cantidades destinadas a cada concello a través do Plan CooperOU, “dando novos pasos para dotar aos concellos de maior autonomía e capacidade de planificación”.

Luis Menor tamén destaca a apertura de novas canles de colaboración, como a primeira liña de axudas para Protección Civil, as achegas para as Anpas de colexios de toda a provincia e tamén para as protectoras de animais, ademais das destinadas a gastos de funcionamento dos conservatorios de música.

Benestar e colaboración institucional

Nesta modificación tamén saen fortalecidas outras políticas que desenvolve a Deputación de Ourense en materia de benestar social, con axudas a un importante conxunto de entidades que prestan os seus servizos atendendo á poboación máis vulnerable. Tamén referida á propia actividade da institución provincial figura a ampliación do programa de mantemento e mellora de vías provinciais e cuxa dotación económica pasa de 1,5 a 4,5 millóns de euros.

Destaca tamén a colaboración con outras administracións, cun importante esforzo en materia de infraestruturas deportivas dotando con 1,5 millóns de euros o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia. Ademais figura o convenio ampliado de 1,3 millóns de euros coa Xunta para seguir desenvolvendo iniciativas de prevención de lumes coa adquisición de 12 novos tractores, maquinaria pesada como motoniveladoras e a implantación de brigadas piloto en mancomunidades, cunha duración de 6 meses, “que van complementar extraordinariamente o dispositivo contra o lume na provincia”. Neste apartado de cooperación inclúese a consignación de 1,5 millóns de euros para unha nova fase do parque acuático do complexo de ocio e deportivo de Monterrei.

A colaboración con outras entidades sen ánimo de lucro, así como con outras asociacións e colectivos que teñen entre os seus obxectivos a promoción cultural, a formación, a promoción económica ou do turismo completan esta modificación de crédito.

Principais datos da modificación de créditos

  • Máis de 36 M€ (36.212.443,19) con cargo ao remanente de tesourería, dos que algo máis de 23 millóns corresponden a suplementos de crédito e o resto a créditos extraordinarios.
  • Cooperación cos concellos.
  • 3 M€ máis para o Plan CooperOU, alcanzando así os 17 M€ previstos neste ano.
  • 5,9 M€ en axudas nominativas, para todos os concellos da provincia para gasto corrente e investimento. Para a distribución aplícanse criterios de poboación: as entidades locais de menos de 1.000 habitantes recibirán 50.000 euros máis; entre 1.000 e 5.000 habitantes, 60.000 euros; e os de máis de 5.000 habitantes, 70.000 euros.
  • Cooperación coas mancomunidades.
  • 440.000 euros para gastos de funcionamento e proxectos.
  • Cooperación con entidades.
  • 3,5 M€ para unha vintena de entidades sociais, culturais e do ámbito económico, entre outros colectivos, así como entidades deportivas e clubs de alta competición.
  • Proxectos

3,3 M€ para programa de dixitalización da auga, programa correspondente á convocatoria do PERTE específico dos Fondo

Relacionadas

A celebración das Festas do Couto ocasiona cambios nas rutas das liñas número 5,...

0
A celebración das Festas do Couto afectarán desde hoxe, mércores, día 15, até o domingo, 19, aos itinerarios de 3 liñas do servizo de...

O Concello organiza o concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera, no que...

0
Desde o 23 de maio até o 2 de xuño ofrecerán pinchos con ingredientes libres, a prezos de entre 2,5 e 3,5 euros A concelleira...

A Deputación custodiará a última bandeira arriada no cuartel de San Francisco, trala disolución...

0
A última enseña deste rexemento estivo gardada desde o ano 1987 por Fernando Ramos, autor do libro “La huella en Ourense del Zamora 8”,...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Rafa Domínguez pon en valor a “emocionalidade máis alá da alegría” das obras de...

0
“O noso obxectivo con este ciclo é achegar á cidadanía as grandes figuras artísticas vencelladas con Pontevedra e apoiar, impulsar e promocionar o renacemento...

A Deputación analizará proxectos en estradas provinciais considerados prioritarios para o Concello de Mondariz

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse co alcalde de Mondariz, Juan Carlos Montes, para coñecer as necesidades do municipio...

Publicacións Relacionadas