Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para...

Luis López sinala o turismo e a hostalaría como dous motores para o desenvolvemento económico e sustentable da provincia

- Anuncio -

O presidente da Deputación participa na entrega de premios aos profesionais do sector que organizan as asociacións provinciais de empresarios da hostalaría e hospedaxe

A deputada provincial de Turismo, Nava Castro, recibiu un premio de mans dos profesionais do sector pola súa traxectoria de apoio ao turismo en Galicia e na provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou os sectores turístico e hostaleiro como dous motores fundamentais para o desenvolvemento da economía e a sustentabilidade da provincia durante a celebración da tradicional gala anual para a entrega dos premios de Turismo e Hostalaría da provincia de Pontevedra que promoven a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría e a Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra. “Somos a provincia de España con máis distintivos de calidade turística e temos un sector que, ademais dunha industria de felicidade, tira da economía da nosa provincia con 60.000 empregos, achega o 12 % do noso PIB e é o artífice de que o ano pasado nos visitaran 1,7 millóns de persoas”, subliñou o mandatario provincial.

Un acto para festexar a boa saúde da que goza o sector turístico na provincia e no que a deputada provincial de Turismo, Nava Castro, recibiu un dos galardóns como sinal de recoñecemento dos profesionais a súa longa traxectoria de traballo para consolidar tanto á provincia como a Galicia como destinos turísticos de primeira orde. “Compartimos non só uns obxectivos, senón a visión para conseguilos. Camiñamos xuntos, sector público e privado, para lograr situar a provincia de Pontevedra e Galicia no mapa, divulgar os seus atractivos e repercutir na prosperidade da nosa xente”, declarou a deputada ao tempo que recoñecía sentirse “moi honrada e agradecida” por recibir unha distinción que fai extensible a todo o equipo de traballadores do departamento de Turismo.

Neste sentido, o presidente Luis López apelou ao compromiso do goberno provincial para tender pontes co sector do turismo e a hostalaría para consolidar ás Rías Baixas como un destino competitivo, moderno e sustentable. “Do novo Plan Estratéxico para o Turismo teredes moito que dicir e para iso convocarémosvos ás mesas de traballo que comezarán a finais deste mes de abril”, díxolles o dirixente aos representantes do sector para traballar de xeito conxunto na elaboración dun proxecto que teña en conta as opinións, coñecementos e análises do sector para construír un modelo turístico sustentable, desestacionalizado e lonxe da masificación. “A sustentabilidade será a que nos leve a rachar o noso propio teito”, asegurou López, convencido de que o destino turístico das Rías Baixas seguirá rompendo récords.

Do mesmo xeito, López referendou a aposta provincial do turismo coas iniciativas postas en marcha por parte da Deputación neste eido. Actuacións como a suba da partida orzamentaria para o Turismo, a participación en programas nacionais como “Praias Infinitas” para avanzar na desestacionalización do destino, o apoio á cultura a través dos festivais de música, os investimentos nos castelos de Soutomaior ou Sobroso ou a organización de eventos deportivos de interese xeral como os partidos das seleccións de balonmán e fútbol, o Gran Camiño ou o regreso de La Vuelta a España á provincia.

O presidente Luis López rematou o seu discurso animando ao sector a seguir traballando para protexer e potenciar a provincia. “Estamos no bo camiño, sigamos avanzando xuntos ofrecendo a todo o mundo experiencias 100 % Rías Baixas”, concluíu o titular da Deputación.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas