Home Xunta de Galicia A Xunta destaca o seu compromiso para garantir a protección das vítimas...

A Xunta destaca o seu compromiso para garantir a protección das vítimas de violencia de xénero nas sedes xudiciais

- Anuncio -

— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, detallou hoxe no Parlamento de Galicia que en máis da metade dos partidos xudiciais da comunidade hai salas específicas habilitadas para a atención ás vítimas


— Lembrou a petición feita pola Xunta e o TSXG na Comisión Mixta de Xustiza para crear xulgados de violencia sobre a muller nas cidades galegas, que foi desatendida polo Goberno central pese a comprometerse á súa creación


— Diego Calvo puxo en valor o traballo das Oficinas de Atención á Vítima, así como dos axentes da Policía Autonómica que se encargan da súa protección a través do sistema Vioxén

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, defendeu hoxe no Parlamento de Galicia as medidas apoiadas pola Xunta para garantir a protección das vítimas de violencia de xénero nas sedes xudiciais, tanto con actuacións de prevención e concienciación como de formación dos profesionais da Administración de Xustiza.
Ademais, co obxectivo de evitar a confrontación co agresor tense traballado nos últimos anos na habilitación de espazos separados. Deste xeito, en 21 dos 45 partidos xudiciais da comunidade xa hai salas específicas destinadas á atención ás vítimas e en 14 nos que non hai ese tipo de instalacións contan con salas de agarda.
Cómpre engadir que todos os novos edificios xudiciais, por exemplo no que se vai construír na Estrada, deséñanse cunha sala de atención ás vítimas e con circulación reservada para agresores-detidos. A Xunta tamén dotou de salas Gesell ás sedes xudiciais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, para que testemuñas menores de idade e as vítimas especialmente vulnerables e protexidas poidan declarar en condicións de protección e privacidade.
Diego Calvo aproveitou a súa intervención para lembrar a petición que a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) realizaran a través da Comisión Mixta de Xustiza para estender a todas as cidades galegas xulgados de violencia sobre a muller exclusivos e excluíntes como os que actualmente funcionan na Coruña e Vigo. Estes tribunais permitirían ofrecer unha atención especializada e precisamente reforzar as infraestruturas de protección para as vítimas existentes nos partidos xudiciais.
Nesta liña, o Goberno central confirmou co decreto publicado o pasado decembro que, pese ás “promesas en período electoral”, Galicia non contará este ano con ningún xulgado de violencia sobre a muller anunciado e comprometido. O Executivo estatal só deu resposta a parte das peticións realizadas cun xulgado de Primeira Instancia na Coruña e o nomeamento de dous maxistrados nas Audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra.

Oficinas de Atención ás Vítimas
Canto ás actuacións a prol da atención das vítimas no eido da Xustiza, o conselleiro de Xustiza puxo en valor o compromiso para dotar ás Oficinas de Atención ás Vítimas dos medios persoais precisos. Tamén contan cun protocolo de actuación sobre o seu funcionamento coa finalidade de prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, con especial fincapé nas vítimas de violencia de xénero e outras vítimas especialmente vulnerables como os menores de idade ou as persoas de idade avanzada.
Este sistema inclúe a intervención psicolóxica na que os profesionais da psicoloxía e de traballo social levan a cabo unha atención individualizada da vítima co obxectivo de posteriormente aplicar medidas de protección necesarias que minimicen os trastornos psicolóxicos e propoñer outras que garantan a protección da vítima durante todo o proceso xudicial.
Por outra banda, no que se refire á formación do persoal da Administración de xustiza en materia de violencia de xénero, a Administración autonómica mantén varios convenios co Consello da Avogacía Galega e co Consello Galego dos Procuradores dos Tribunais coa finalidade de ofrecer atención e asistencia especializada.
Protección da Policía Autonómica
A protección das vítimas de violencia de xénero tamén é unha das competencias que asume a Policía Autonómica. Así, desde 2016 e en coordinación coa Xefatura Superior de Policía de Galicia integrouse o punto de coordinación das ordes de protección de Galicia co sistema de seguimento integral nos casos de violencia de xénero (sistema Vioxén). Un total de 13 axentes da unidade dedícanse en exclusiva á protección de case 300 mulleres.
As funcións que desenvolven os axentes pasan, fundamentalmente, por desprazar medios ante avisos de episodios de violencia, en colaboración coa Policía Nacional; prestar atención singularizada á vítima, a través de información detallada sobre procedementos legais; o traslado das vítimas ao centro asistencial cando teñan sido agredidas, así como á comisaría para proceder á denuncia; a recollida de datos sobre o agresor e posta en marcha de medidas de seguridade oportunas; e a adopción das medidas de protección establecidas nos correspondentes protocolos, tendo en conta o nivel de risco da vítima.
Na súa intervención, Diego Calvo instou de novo ao Goberno central a que complete o cadro de persoal da Policía Autonómica -actualmente sitúase en menos do 70% con 349 axentes dos 500 que corresponderían á comunidade segundo o catálogo de persoal- para que poidan asumir estas e outras competencias que se viron incrementadas nos últimos anos ao mesmo tempo que minguaba o número de efectivos.

Relacionadas

A Xunta aposta por concienciar aos máis novos sobre a protección dos espazos naturais...

0
— Ángeles Vázquez destaca a importancia de facer unha xestión sustentable de áreas como o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés pois son verdadeiros...

A Xunta conciencia á rapazado do Carballiño sobre a importancia dos mercados e das...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este mediodía no Carballiño a un obradoiro de alumnado de 3º e 4º da...

A Xunta investíu preto de 90.000 euros na mellora de máis de 10 quilómetros...

0
Os traballos, que comezaron no mes de febreiro e remataron na segunda semana de maio, afectaron a diferentes regos e afluentes vencellados co río...

A Xunta destaca os coidaos especializados que reciben os maiores no Centro de Día...

0
Asinarase un convenio co Concello para realizar obras de mellora neste servizo de atención diúrna ao que acoden unha vintena de usuarios O xerente do...

As II Xornadas da Academia Galega de Teatro abordan co apoio da xunta o...

0
Máis de 30 persoas asisten ao encontro, que se desenvolve no Pazo de Mariñán ata mañá sábado Baixo o título ‘O deseño das programacións teatrais...

A Xunta achegará ao Concello de Fornelos de Montes máis dun millón de euros...

0
A XUNTA ACHEGARÁ AO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS PARA CONVERTER AS ANTIGAS VIVENDAS DOS MESTRES NUN FOGAR RESIDENCIAL...

Publicacións Relacionadas